Parque de OZA 2009. Continúan as desfeitas…

Que barbaridade! Como xa anunciaba nestas páxinas, se cargaron un bosque por motivos electoralistas. Hoxe, os sufridos veciños e veciñas da rúa Joaquín Galiacho, a zona situada entre a calle de Juan Neira e a da Igrexa de Monelos,  pechada a cal e canto dende hai máis de seis anos, impediron que talaran as poucas árbores que quedaban diante das súas casas.

Levan un mes traballando a marchas forzadas para poder saír na foto cara as eleccións. Vivimos nun momento histórico no que os políticos, tanto os de dereitas, como os de esquerda, só se moven por motivos electoralistas. Non teñen vergoña nin quen lla poña.

Nesta mesma páxina (en temas, pinchade fotos, antes e despois, ou parque de Oza) podedes ver como era este paraíso denantes de que entrasen as máquinas.

Velaquí hoxe en día:

1.- Os veciños negáronse a quitar os coches e grazas a iso non tiraron as árbores que se ven no fronte. Aos capataces de obra non lles gusta que grabemos en vídeo o que están a facer. Os inxeñeiros da obra fuxen das imaxes como os gatos escaldados e mandan aos seus sicarios a botar fóra aos fotógrafos e fotógrafas que cuestionan esta estúpida obra. Na que primeiro tiran os muros de pedra e logo volven a poñelos:

2.- Esta zona estaba cheíña de árbores, había tantos, tantos, que semellaba un bosque salvaxe, que pertencía a finca dos Reboreda. Mesmo había un estanque rodeado de asentos semicirculares cubertos de azulexos de cerámica sevillana e un fermosísimo cenador, que se cargaron impugnemente, malia o seu importante valor artístico. Eran tantas, tantas, as arbores frutais, nogais e castaños, que había neste pulmón coruñés, que non se pode crer que os cargasen sen ningunha xustificación ecolóxica, para acabar prantando palmeiras enanas e laranxas bravas. Cómo é posible que arrancasen as figueiras, parras, manciñeiras, claudias, pereiras sen ter remordeimentos de conciencia? Que xentuza…

Este fermoso castaño, de momento, foi salvado polos veciños colocando os coches diante, chamándolles asasinos cada vez que intentan quitalo.

O resto do parque é todo un despropósito, un deserto que están intentando disimular con palemiras enanas. Observade, anque é mellor darse unha volta polo lugar. O Parque de Oza está á altura do Corte Inglés, entre a Ronda de Outeiro e Monelos.

Onde antes había árbores agora hai estradas, casas, camións, paleadoras e desertos:

Por favor! Deixade as árbores en paz.

Texto e fotos: Fina Roca.

Deixa unha resposta