A romaría da virxe do Chamorro, Ferrol…

A romaría da virxe do Chamorro forma parte do culto mariano relacionada coas historias de pastores a quen se lles aparece a virxe entre as rochas, tan en voga dende o mester de Clerecía (Ss XIII-XIV) ate o século XVII, que é cando se funda a confradía da virxe do Chamorro, tamén chamada da virxe do nordés, en honor ó vento máis propicio e frío da zoa, o máis estimado polos pescadores das rías galegas; a capela ten o estilo propio de calquera ermida galega asentada no medio e medio dun monte con extraordinarias vistas panorámicas: consta dunha soa nave rectangular con muros de sillería de granito e mampostería, bóveda de crucería de treces claves e altar barroco presidido por unha virxe coroada con cara de nena, pelo natural, vestida a maneira románica e anxos barroco ós pes da mesma, que dan a sensación de estar a levantarlle o manto; a capela está asentada nas rocas onde apareceu a virxe e por faltar non falta ningún dos atributos dos santuarios relixiosos: a auga milagrería da fonte, os exvotos e cirios, o mendigo, o cruceiro…

Para maior información recomendo esta páxina:

http://ssantaferrol.webcindario.com/turismo/diptico_chamorro_es.pdf

Velaiquí:

Gaiteiros tradicionais con monteiras e gaitas dun só ronco

Chamorro. Ferrol. 9 de abril 2012. Fina Roca 0011.jpg

Mendigos con chagas

P4090015.JPG

A entrada a hermida é constante

Chamorro. Ferrol. 9 de abril 2012. Fina Roca 004.jpg

Este ano non permitiron veas accesas dentro do santuario, colocáronse no mirador

P4090006.JPG
P4090013.JPG
Conta a lenda cuns pastores atoparon agochada nesta rocha de avalar a virxe do nordés. Disque un mariñeiro estaba a piques de afogar na ría de Ferrol, a altura da Malata, e ecomendouse a virxe do Nordés dicindo: Xa morro, xa morro. E dende aquela tamén se coñece como a virxe do Chamorro. As cantigas populares se repiten relacionadas moitas delas coas cantigas de amigo: Senón veño a Chamorro / de mal de amores morro / eu veño ofrecida / pra que o meu amigo cumpra o prometido. 

Chamorro. Ferrol. 9 de abril 2012. Fina Roca 011.jpg

A primeiras horas da mañá os romeiros van subindo monte arriba e logo perante todo o día non deixan de subir e baixar pola estrada e corredoiras, ben por devoción, ben para cerebrar a chegada da primaveira, pois non hai que esquecer que moitas destas romarías teñen orixe precristián, e mesmo había o costume de subir ó monte, concretamente os penedos, para adorar as deuses, ou para da-las grazas da chegada da estación florida. De feito os petroglifos non falta nas rochas do Chamorro.

Chamorro. Ferrol. 9 de abril 2012. Fina Roca 003.jpg

 Fina Roca