José Luís Pego nos la pegó…

José Luís Pego, ex directivo de Caixanova, desos de indemnizacións millonarias, nos la pegó. O caso é que, a iniciativa da Profesora de Historia García Portela, colaboradora de prensa e de radio, levouse a cabo unha recollida de sinaturas, que superan xa as 34.000 firmas, pedindo que xa que non devolve os cartos que alomenos devolva o título que lle deron de Economista do ano, por incompetente, claro…

Deste singular feito faise eco a Prensa do día:

http://www.elmundo.es/elmundo/2011/11/04/galicia/1320418438.html

Para seguir firmando podedes entrar no blog da devandita profesora: El otro País (la sociedad Civil)  cuxos artigos de opinión non teñen desperdicio:

http://www.angelesgarciaportela.com/

¡Ollo ao dato! Vivimos nun tempo histórico no que estamos mangoneados polo nova estirpe de caudillitos democráticos, na Ensinanza crecen coma a clara de ovo a punto de neve, son os de sempre: os trepas da quenda, capaces de desprestixiar aos seus compañeiros para ocultar a súa propia incompetencia e vagancia. Indignémos sen concensións con estes mamalóns, coma nos indignamos no seu día co chapote do Prestige baixo a bandeira de Nunca Máis. Claro que, por certo, pregúntome, ¿onde estan aqueles líderes tan carismáticos e prestixiados? Seica, ¿desapareceron do mapa? ou ¿están a ocupar cargos mellor remunerados cos do profesorado? ¡Home boh! Calquera gana máis ca un docente con máis de 40 anos de servicios prestados. ¡En fin! Hay moito macho financiero e educativo soltos, pero, ¿que queredes que vos diga que non sabedes destes galos de Morón? Pois nada non esquenzades que os ovos os seguen a pór as galiñas, ¿a que si? Fina Roca …

Xaque Mate, exposición de Beatriz Barcia….

Beatriz Barcia natural de Ferrol é ante todo unha persoa con vocación artística. Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago, profesora de Pedagoxía Terapeútica, actriz de Teatro, Cine, TV e publicidade, deseñadora e pintora…

Esta polifacética muller vén de inaugurar unha magnífica exposición na sala da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, sita na Rúa dos Olmos 16-18, 1º, A Coruña, que estará aberta ao público ata o 24 de novembro. Utilizando un taboleiro e pezas de xadrez, Beatriz, presenta unha colección de cadros e estampas pictóricas titulada Xaque Mate. Como a mesma autora subliñou a temática da súa obra xurdíu como unha necesidade de xustiza pictórica, enfocada a temas sociais, utilizando as figuras de xadrez de xeito antropomorfo e xogando, irónicamente, co xaque mate da vida mesma..

Ten por norma fotografiar paso a paso canda candaseu cadro, dende o boceto inicial ao resultado final. Foi unha delicia ver ‘teatralizado’ na pantalla tan singular forma creativa, Beatriz, expuso con voz firme como levou a cabo dous dos seus cadros máis interesantes, que foron adquiridos polo museo de xoguetes: unha caixa de mixtos en forma de xadrez está a piques de ser engulida por unha ola xigante, a devandita caixa simboliza unha pateira. O outro aparece primeiro con tres pezas de xadrez de cores vermella, amarelo e mourado, pouco a pouco xurde o Guernica de Picasso e o taboleiro de xadrez cos peós na vangarda, azuis, proxectando sombras negras de soldados a piques de fusilar as tres pezas subliñadas, á bandeira republicana.

A técnica pictórica máis empregada é a de acrílicos sobre lenzos.

Velaiquí:

 

Non deixa ningún tema no tinteiro: Nin o burka como opresión feminina, nin o fusilamento do Ensino Público, amén do logradísimo cadro das forzas vivas ou o xaque mate ortográfico, íntimamente relacionado coas acampadas dos indignados…

Beatriz con Gustavo Pernas e Ánxela Blanco…

A presentación estivo moi concurrida e por faltar non faltaron dramaturgos coma Gustavo Pernas, actrices como Ánxela Blanco, músicos e pintores como Manuel Rajal…

 

Texto e fotos: Fina Roca

Alfonso Otero Regal gaña o Premio Nacional de Artesanía, Viveiro…

Alfonso Otero Regal leva máis de trinta anos traballando na cerámica, primeiro no seu taller da Porta da Vila, Viveiro, e dende hai uns anos na Xunqueira, onde foi quen de transformar unha antiga fábrica de curtidos, que se caía a cachos nun complexo cultural único, de tres pisos, perfectamente identificado coa paisaxe e entorno no que además do seu propio taller aberto ao público, hai xardíns, Museo, Biblioteca, Auditorio, Sá de exposicións…

Todo o entorno é idílico xa que está ubicado ao carón do Convento de Valdeflores onde o tempo se para invitando á reflexión.

Cabe subliñar que o taller de Otero Regal está presidido pola bandeira republicana. 

Nada mellor que entrar no seu propio enlace para comprobar o que dimos:

 http://www.oteroregal.com/

Ou no seu blog, A Maliña de Lugo, xa que ademais de ser un creador artesanal, un artista, escribe artigos de opinión que por regra xeral aparecen publicados en El Progreso de Lugo ou en revistas especializadas:

http://www.blogoteca.com/viveiro/index.php?cod=105778

Regal adoita traballar no taller da Xunqueira coas portas abertas cara ao público. Habida conta que é una eciclopedia andante e coñece un sinfín de anécdotas dos tempos precedentes e presentes, adoita falar cos visitantes e amigos de mil cousas sen deixar de traballar no seu taller, moldeando ou pintando cerámica antes de ir ao forno.

Vaia dende aquí a miña noraboa persoal ao artista polo merecido Pemio Nacional de Artesanía

O Taller é unha especie de remanso cheo de luz. Velaiquí parte do taller coa bandeira republicana ao fondo  

Regal y Fina Roca.JPG

Texto: Fina Roca. Foto: JMCI

?