En defensa do ensino público…

O que nunca lle perdoarei a un governo de esquerdas, como se supón é o de Zapatero, que permita os insultos reiterados ao profesorado do Ensino Público, Ensino, claro está, de Infantil, Primaria e Secundaria, xa que o profesorado universitario está nas berzas: illados do mundo, pavoneándose de ser ‘profes de universidade’, crendo, inutilmente, que son alguén cando, con honrosa excepcións, como o meu chorado e recén morto, Serafín Moralejo, son uns estúpidos ao servicio do poder establecido: fai tempo que desapereceu o pensamento crítico das Universidades do Estado Español e así nos vai. Nestres intres, o único profesorado, que se está a preocupar do que pasa neste país, é o de PRIMARIA, base de todo o sistema educativo, e o de SECUNDARIA, paso da idade adolescente a idade adulterada, alias adulta. Se de min valese, mandaría a todos os ministros de Educación, tanto a nivel estatal, como autonómico, a fritir puñetas, é dicir, a vivir co salario do profesorado de Infantil, Primaria e Secundaria. Hai que foderse, fános culpables do fracaso escolar, quen desvía os cartos ao ensino privado, alias colexios relixiosos, como o de REY CRISTO, Peña Redonda -do OPUS DEI- o XESUÍTAS, onde non admiten aos fillos do paro e maila droga. Unha que foi profesora do Colexio de Cristo Rei, denantes de aprobar unha praza de ensino público a un institiuto, e tamén profesora de Universidade, como axudante dun catedrático prepotente e prestixiado, podería falar largo e tendido de ¿cómo pagan, tratan, ao profesorado,  no ensino privado? ¿E cómo cobran ao alumnado? E tamén de ¿como tratan nas universidade ao profesorado sen praza? Veña xa Zapataro, non te podes ir sen amañar as desfeitas do teu estúpido governo, governo que acabou ata con persoeiros tan interesantes coma Touriño, ou Vicente Areces: impresentable favorecer o acceso ao poder de Cascos en Asturias, ou de Mas en Cataluña,  mágoa que no PSOE tomaran as rendas os impresentables, quen só pensa no seu cu, no prestixio social, alias coquetear coas dereitas de Aznar, Aguirre, ou da concelleira alemana, Ángela Mérkel. Despertade por favor, ¿onde están os/as libre pensadoras? ¿Que fiséchedes coa escola de Giner? ¿Coas teorías de Azaña, Catelao e Loís Tobío?     

A quén lle poda interersar, o que de verdad facemos o profesorado do Ensino Público, que pregunte e se informe ben.  Coidadiño, papás en mamás do ensino obrigatorio, ate os 16 anos, que se cansades ao profesorado público, podemos mandarvos aos fillos á casa EN MENOS QUE CANTA UN GALO, xa que depois de todo é o que pretende tanto o governo autonómico como o estatal, seguide a defender o impresentable e non haberá posibilidade posible de conciliar a vida familiar. Alá cadaquén coas súas manías, pero pensade ben a quen votades polo voso propio ben…

Enlaces de interés:

http://sosiesalpedrete.blogspot.com/

Texto: Fina Roca