Feira coruñesa das Artes Plásticas…

Ate hoxe, día de Santiago, podedes gozar da da Décima Feira de Artes Plásticas da Coruña. Un lugar de encontro, sito nos xardíns de Méndez Núñez. Cabe subliñar que, se queredes invertir en arte, esta é unha oportunidade única, en primeiro lugar porque podedes interactuar, en directo, cos pintores/as e artístistas plásticos galegos, en segundo lugar porque os prezos da súa obra é sempre más barata que nas galerías expositivas.

O actual alcalde de A Coruña, Carlos Negreira, encargouse de inaugurar a devandita feira, percorrendo unha por una as casetas dos artistas plásticos galegos que preside Pedro Bueno. Xa coincidín con Negreira en dous eventos e, aínda que non participamos da mesma idioloxía política, son demasiado ácrata para arrimarme a ninguén, dou fe que non leva a prensa pegada ao cu, como facía o seu predecesor no cargo; agora o que fai falla é que deixe de pensar no partido e que loite pola Coruña.

Velaiquí ao xove artista e arquitecto Oscar Cabana: Un valor incuestionable e laureado por toda a súa obra:

http://oscarcabana.com/

Hoxe tamén pecha as súas portas a feira das Marabillas, feira medieval da cidade vella herculina, que, onte, empezou con chuvia pero, afortunadamente a tardiña escampou un pouco e puidémola visitar, con distintas actuacións de danza, música e acrobacias:

http://www.paxinasgalegas.es/fiestas/xvii-feira-das-marabillas-a-coru%C3%B1a-3235.html

Texto e fotos: Fina Roca

15 M. A Coruña…

Na Coruña continúa a acampada do 15 M. Cabe subliñar que agora están moi pendentes dos deshaucios por falta de pago de hipotecas, que anuncian día a día na páxina dos indignados, para evitar os desaloxos dos máis necesitados…

http://es.wikipedia.org/wiki/Movimiento_de_indignados_15-M

Dende o principio, este movimento pacifista, gozou da simpatía e solidaridade dos coruñeses e coruñesas.

Recordemos:

1. Monte de San Pedro. Alí estivemos…

http://www.youtube.com/watch?v=VMbX9ttJA8o

2. Cadea humana: Codo con codo como no Prestige, aínda que aquela cadea do alumnado e profesorado de Secundaria rodeando a Costa da Morte baixo a bandeira de Nunca Máis, en protesta polo chapapote do Prestige, fose irrepetible…

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2011/05/26/00031306366297756900658.htm

3. Acampada: Antes e agora

Agora persisten os perro flautas: eses rapaciños e rapaciñas, pacifistas, cos seus canciños, porros e flautas, que te tratan maravillosamente, anque as veces non saiban contestarte coherentemente ao que lles preguntas. Con todo eu prefiro velos a eles que aos banqueiros abigarrados, que se burlan de nós a diario e que pasan con cara de noxo diante das jaimas do Obelisco coruñés. De seguro, que se eu tivese os seus anos estaría baixo a carpa, día e noite, indignada, claro…

O acoordinista do Corte Inglés púxolle música ao evento, solidarizándose con todos os movementos pacifistas…

Texto e fotos: Fina Roca

Indígnate…

Indígnate, segunda parte, dedicada a Carlos Jiménez, o mellor showman da RTVG, da radio idem e do mundo mundial. Aos cinco minutos de publicar o de indígnate, xa estaba el chateando conmigo para que llo contase todo con pelos e sinais, dende entón non fai máis que mandarme e-mails con certo morbo e colgando as fotos da desfeita no facebook, facendo porras por ver se me facían ou non caso. Pois sí queridiño, xa sabes que cando me indigno arde Troia, pero desta vez, farta de andar berrando sempre, filmei o corpo de delito, chamei a policía local e amenacei ao constructor con paralizarlle a obra: remedio de santo. Ese mesmo día xa me estaban a quitar a capa de po branco e hoxe as cinco da tarde viñeron coas máquinas aspiradoras e mangueiras: luz e maila auga de obra. Faltaría máis…

Fago constar que estiven na cadea humana e nas jaimas dos Indignados coruñeses do obelisco. Publicarei algo sobre o mesmo agora que recuperei a autoestima. O mellor de todo esto, foi ver a meu pai (88 anos) resucitando do letargo mental, bastón en man, cal macho alfa, amezándoos, como non me fixesen caso. En dúas horas deixaron todo como os chorros do ouro, incluídos os cristais. César ofreceulles una cerveza, pero advetíndoos de que non volvesen repetir a desfeita. Rimos a cachón os obreiros e máis eu, pois eles non teñen a culpa de facer as cousas mal: son os constructores e os promotores os que mandan. En fin! postas a pedir vou ver se me pintan a terraza polas molestias recibidas. As prantas procurei podalas agora mesmo para que resuciten na súa totalidade…

Velaiquí empezando os preparativos:

Fina Roca, Limpieza terraza tras la denuncia 002.jpg

O antes e o despois, anque nas anotacións anteriores podes velo antes moito mellor

Fina Roca, Limpieza terraza tras la denuncia 003.jpg

Cesar revisando a limpeza:

Fina Roca, Limpieza terraza tras la denuncia 004.jpg

Fina Roca, Limpieza terraza tras la denuncia 006.jpg

Texto e fotos: Fina Roca