Día do Libro na Librería NÓS

A UNESCO promulga en 1995 o día Internacional do Libro que se celebra a nivel mundial o 23 de abril en homenaxe a Miguel de Cervantes, William Shakespeare e I. Garcilaso de la Vega:

http://es.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_Internacional_del_Libro

Nos tempos que corren de crises mentais-políticas, é de admirar que exista xente que aposte firme pola letra impresa. A escritora e xornalista Cecilia, dona da Libraría NÓS, perteñece a esta especie:

 http://www.librerianos.com/

En Nós tiraron a casa pola chanela obsequiando aos habituais clientes cun libro e unha botella de viño Alvariño dos viñedos Rosalía de Castro, amén dun ágape con cava…

Había abarrote coma no Parrote e dous ilustres oradores:

a) Pedro González Palencia chef e dono do Restaurante Contrapunto, que deleitou ao persoal con numerosas receitas de peixe, hortalizas e froitas de temporada coas que elaborar suculentas cremas frías: a de remolacha con berberechos non tiña desperdicio.

b) Eduardo Riestra, o editor de Ediciones de Viento e Barracuda Libros, gozou a mazo contando como lle dese por editar libros de viaxes exóticas. Dedicoulle especial atención ao libro de Jaimal Yogis: Saltwater Buddha. A divertida historia dun surfeiro de dazaseis anos que busca o Zen nas ondas da mar salgada. Traducido por Susana Carral Martínez e ilustrado por Miguel Ángel Martín

Velaiquí a Cecilia presentando ao chef:

Idem co editor:

Libro e Alvariño como agasallos:

Momentos inesquecibles: así da gusto ler, non si?

Texto e fotos: Fina Roca

A Praia de Riazor, Coruña…

A ensenada de A Coruña está formada polas praias de Riazor, Orzán, Matadeiro… Praias de augas limpas, tranquilas as veces e alporizadas outras, como debe ser. Recén veñen de concederlle un fermoso premio: o sonido das ondas da ensenada do Orzán é o máis fermoso do mundo:

 http://www.lavozdegalicia.com/coruna/2010/03/04/0003_8332898.htm

O caso é que os políticos de turno nunca están contentos con nada e non se lles ocurre outra cousa que facer o recheo da praia en contra da opinión pública, ecoloxistas e persoas de ben pensar e, máis aínda, escomenzar as obras agora, nos mellores días de sol para poder gozar da praia. Traen area de canteiras en gabarras que, cal dragado da ría, expulsan por grandes tubos ao areal coa consabida dispersión da mesma. Que ganas de gastat cartos onde non se debe, para que logo digan que hai crise. De momento, está cerrada ao público a praia do Orzán, dende o rompeolas ata a o Matadeiro, a zona dos surfeiros, que se quedaron sen lugar de práctica.

A area é de canteira e, anque estea lavada, é dura, moi dura, demasiado para poder pasear descalza… 

Antes. Augas limpas nas que bañarse en inverno e verán, unha gozada:

Riazor 0010111.jpg 

Riazor 0010105.jpg

Agora. Po, augas branquecinas, raras e tubos a moreas…

Oza 2010,y Riazor.  Fina Roca. 046.jpg

Oza 2010,y Riazor.  Fina Roca. 047.jpg

Un grupo ecoloxista está a facer castelos de cartón e area xusto no rompeolas, no lugar onde se xuntan, ou separan, as praias do Orzán e Riazor, tamén están no facebook…

http://defendendoaspraias.wordpress.com/

Fotos e texto: Fina Roca

O Parque de Oza, A Coruña…

Non podo evitalo, me cabrea tanto arboricida neste parque, que se ben por zonas pode que ate quede ben, -grazas a oposición veciñal á tala indiscriminada- por outras a substitución da cor verde polo cemento e asfalto da mágoa velo. Nunca entenderei que se poda acabar con tantas arbores centenarias, frondosas e frutais – manciñeiras, pereiras, cerdeiras, zorolleiros ou figueiras-para acabar poñendo palmeiras ananas ou cipreses, pero, desto levo falando largo e tendido neste blog dende que empezaron as obras a bombo e plaltillo.

Losada non admite críticas adversas e, incluso, insulta ás súas propias electoras chamándolles maleducadas. Por que? Por negarse a saír na foto con el e por plantarlle cara cando ousa dicir que as árbores taladas estaban enfermas. El sí que está enfermo de poder e soberbia… 

Nesta zona vivía xente do común, que cultivaban as súas leiras…

No caso que nos ocupa unha imaxe vale máis que mil palabras: vealiquí o antes e o despois.

As noces 002.jpg

parque de Oza 043.jpg

eclipse 012.jpg

Parque de Oza, 057.jpg

E chegaron os destructores:

Fina Roca, Parque de Oza, maio de 2009 004.jpg

Fina Roca, Parque de Oza, maio de 2009 006.jpg

Oza-Corgo agosto07 023.jpg

 

Parque de Oza. 05-04-10. Fina Roca. 006.jpg

Parque de Oza. 05-04-10. Fina Roca. 007.jpg

Parque de Oza. 05-04-10. Fina Roca. 001.jpg

Parque de Oza. 05-04-10. Fina Roca. 012.jpg

Parque de Oza. 05-04-10. Fina Roca. 015.jpg

Teño fotos a moreas do día a día…

É curioso, mentres eiquí sustitúe bosque e leiras por cemento, o alcalde, fai leiras nos xardíns da Mariña, fronte ao porto deportivo: un xardín a base de porros, coliflores, leitugas, repolos de Betanzos e máis cebolas. Para quen son a leña e mailos productos da horta da Mariña. Non ten desperdicio, mirade:

Parque de Oza. 05-04-10. Fina Roca. 003.jpg

Parque de Oza. 05-04-10. Fina Roca. 004.jpg

Texto e fotos: Fina Roca