Cadro Chinés

Mirade que preciosidade de cuadro chinés. Tarda un pouco en abrir pero paga a pena esperar. O cuadro foi pintado entre 1085 e 1145. Está no Museo de Shangai e a xente fai colas interminables para admiralo. Mide 5, 28 mts de largo por 0,5 de alto. Para velo poñede o cursor no medio e desprazarvos de esquerda a dereita; nos recadros en blanco podedes visionar un vídeo con música. Unha gozada neste tempo de crises, de intereses persoais, de traizóns etc.

Pinchade eiquí:   

http://www.npm.gov.tw/exh96/orientation/flash_4/index.html

Fina Roca.

Martes de Entroido

En Viveiro o martes de Entroido xa non é o que era pero con todo, malia chuvia e o frío, as comparsas e mascaritas saíron a rúa celebrando e homenaxeando a don Lardeiro. Pola mañá a comparsa da ONU (unha das máis veteranas) percorreu tódolos bares e rúas para anima-lo cotarro, desfilando pola tarde pola estrada de Viveiro como manda a tradición. A ONU  é popular polas suas letriñas cargadas de retranca contra as autoridades civís da ilustre vila viveiresa que este ano materializaron baixo a plica ORQUESTRA menudo PANORAMA:

Velaiquí:

Na rúa de abaixo:

Fina Roca. Martes de Entroido, Viveiro 2010 002.jpg

Na Fontenova:

Fina Roca. Martes de Entroido, Viveiro 2010 007.jpg

Fina Roca. Martes de Entroido, Viveiro 2010 010.jpg

No Bar Normandía da Zapatería:

Fina Roca. Martes de Entroido, Viveiro 2010 015.jpg

Fina Roca. Martes de Entroido, Viveiro 2010 020.jpg

O desfile empezou as cinco da tarde baixo unha chuvia desa que parece que non molla pero empapa:

Fina Roca. Martes de Entroido, Viveiro 2010 127.jpg

A idade non importa, había dende bebés ata persoas moi maiores:

Fina Roca. Martes de Entroido, Viveiro 2010 028.jpg Fina Roca. Martes de Entroido, Viveiro 2010 027.jpg Fina Roca. Martes de Entroido, Viveiro 2010 033.jpg

Fina Roca. Martes de Entroido, Viveiro 2010 030.jpg

Fina Roca. Martes de Entroido, Viveiro 2010 031.jpg

Os larpeiros de Pénxamo tiñan moita marcha e ían facendo filloas e rosquillas que distribuían entre o público:

Fina Roca. Martes de Entroido, Viveiro 2010 062.jpg

Fina Roca. Martes de Entroido, Viveiro 2010 064.jpg

Os presos vendían as motos por falta de puntos:

Fina Roca. Martes de Entroido, Viveiro 2010 069.jpg

Fina Roca. Martes de Entroido, Viveiro 2010 070.jpg

Os xubilados non faltaban, nin os caracois, nin as chicas do can-can, nin os picapedras:

Fina Roca. Martes de Entroido, Viveiro 2010 042.jpg

Fina Roca. Martes de Entroido, Viveiro 2010 036.jpg

Fina Roca. Martes de Entroido, Viveiro 2010 048.jpg

Fina Roca. Martes de Entroido, Viveiro 2010 039.jpg

Fina Roca. Martes de Entroido, Viveiro 2010 066.jpg

Fina Roca. Martes de Entroido, Viveiro 2010 067.jpg

A xefa da estación toma folgos para dirixir o cotarro:

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 001.jpg

 

Texto e fotos: Fina Roca.

?

As Alpuxarradas

Sábado de Entroido de 2010. Cita obrigada: Teatro Pastor Díaz de Viveiro onde se dan cita as alpuxarradas (chirigotas) para poñer a caldo as autoridades civís, militares e relixiosas, amén dalgún que outro/a escribidores e columnistas, que por saír a figurar din mil sandeces na prensa. É dicir, festa rachada.

Eduardo o do camping e presentador dende os tempos de antano das alpuxarradas:

Fina Roca. As alpuxarradas de Viveiro 2010 011.jpg

En Viveiro hai que gardar cola para todo, colas interminables, faga frío ou calor, pero non importa, paga a pena conseguir entradas de balde para seguir de cerca os aconteceres do Entroido Lardeiro. Eso sí, convén ir abrigados: no Teatro Pastor Díaz fai máis frío que na Gañidoira cando neva.

Nas alpuxarradas non faltaba de nada, nin Hortensio o home orquestra, que deixou a coral viveirensa para gañarse a vida a súa maneira, cousa que non lle perdoa o habitual presentador do evento, Eduardo Lorenzo (Edu o do camping), como tampouco llo perdoa ao Caxete, Pacomio, J.Luís Rivera e tantos outros carnavaleiros, coma Toñín Colosía, que están a ver os toros dende a barreira de San Pedro. Cumpre dicir que cada alpuxarra vén na compaña das súas letras e as veces da música. Cadaquén é moi libre de meterse con quen quere: a quen lle toque a chirigota que se agoante e que se foda.

Velaiquí ao home orquestra recibindo aos invitados no hall do Pastor Díaz e no escenario: había que velo subi-las escaleiras cos zocos vermellos cascabeleiros e platiños no medio das pernas. Hortensio é algo moi serio como músico e persoa:

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 002.jpg

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 005.jpg

No palco de autoridades non faltaba nin o bispo de Mondoñedo (alias Perón) nin Belén Esteban (Chus), nin Carmela Marchante (África).

 Belén Esteban coa ciruxía trocou a cara e un pouco máis, pero quedoulle o fuciño torto, coma se fose unha burricán, segundo dicía unha das coplas  dos Baixos.

Belén Esteban no palco de autoridades non paraba de dicir: Xa vale, eh! Pero, esta tía, como ve negocio en todo canto toca, coidaba que a que subscribe ía pagarlle algo, ou cobraba, por saír na foto. A borro e punto. Anda que lle dean, quen non quera síar na foto, que se quede na casa, pero a min, tanto me ten…

Carmele Marchante quedouse coas ganas de bailar o Sunami:

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 004.jpg

No palco de autoridades militares (Tarrio) e civís (Paco Chao e Xavier o panadeiro da Zapatería) amén das respectivas conselleiras de tódolos partidos, predominaba o xineceo.

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 014.jpg

Alpuxarreiros e alpuxarreiras maiores do reino de Viveiro:

1.- O Rei e o seu gardaespaldas: o rei aburrido de tanta política estúpida quedábase durmido. Cando o garda espaldas espertábao, increpábao dicíndolle, por que no te callas?

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 006.jpg 

2.- Moito Fandango animou a velada coa súa música:

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 007.jpg

3.- Canela Fina de Foz, clásicas alpuxarreiras, arranxou o maior aplauso do público porque o pasado ano morreu unha das fundadoras do grupo e por iso faltaron á cita; non deixaron títere con cabeza, parodiaron á duquesa de Alba e ao seu noivo Alfonso coa música do Dúo Dinámico: Quince Años tiene mi amor. Xeniais! 

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 008.jpg

4.- Manoel Riveira: A trancas e barracancas vestido de vikingo por aquilo dos cornos meteuse coa Mariña, coa senador do PP, a das Fidalgas, claro!

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 009.jpg

5.-Os Baixos (membros da Coral) parodiaron todos o aconteceres locais, autonómicos, nacionais e internacionais, dende o decretazo da enseñanza trilingüe, pasando polo da xubilación aos 67 anos (pedían empezar a traballar aos trece) ata a famosa frase de Esperanza Aguirre chamandolle fillo de puta a Serrano ou Gallardón; Belén Esteban e a Campanario, amén da estrada de Celeiro (afectada por un derrumbe) e o nacimento xigante de Santa María que, afurtunadamente, deixou de exibirse polo ben do Patrimonio Románico de Santa María.

Fina Roca. As alpuxarradas de Viveiro 2010 024.jpg

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 012.jpg

6.-Ramil (Sen Frenos e Costa Abaixo): sen lugar a dúbidas o mellor da crítica da política local. Este persoeiro ten un galego fermosísimo que deberían pór nos centros educativos públicos. Meteuse co PP e co PSOE e con todos cantos governan. Identificou ao alcalde de Viveiro (Melchor Roel) coa viagra porque ten ao pobo todo levantado.

 Fina Roca. As alpuxarradas 2010 011.jpg

6.- Os Mallos. Esta comparsa é un dos grupos máis participativos de Viveiro (ver nesta misma bitácora os Maios de Viveiro) e sen lugar a dúbida son os resucitadores dos Maios viveirenses. Paradoriaron o Limbo facendo alusión de que as institucións políticas están no idem, é dicir, no limbo, que non se enteiran, vamos! O seu sentido do humor é incuestioinable.

Fina Roca. As alpuxarradas de Viveiro 2010 027.jpg

7.- A Fachenda da Parroquia parodiaron maxistralmente ao conxunto muxical de Viveiro Escolma de Meus, pero baixo o nome do O Colmo dos Meus. Presentou a Alpuxarrada Viveiro Zaaas coa música do boleiro Viveiro, Viveiro, encantado paraíso xunto ao mar: non deixaron títere con cabeza tratando os seguintes temas: O Xeríatrico, os políticos Aja e Raphael (amantes de Teruel), a Piscina, a Escola de Fútbol, o PP con problemas a esgalla que non se falan entre eles, o Belén dos ODS cuxa perda atribúen a escritora Fina Roca a quen tilda de dicir sandeces na prensa -Ogalla a devandita FR tivese tanta forza no mundo politiqueiro que outro gallo cantaría, de seguro que se por ela fose non tirarían as casas do Lodeiro-, e a radio, naturalmente da Ser, a COPE non a parodiaaon, claro! Se lle vía o plumeiro, pero a miin encantáronme as súas cantigas, malia ser eles de dereitas e eu de esquerdas. Ser demócrata ou carnavaleira é unha actitude permanente cara á vida.

Fina Roca. As alpuxarradas de Viveiro 2010 0331.jpg

 

O ambiente dos bares é o mellor do Entroido: os alpuxarreiros e mascaritas anónimas fan as lededicias de todos e todas, incluso, Carmele, poido bailar e cantar o Sunami ás súas anchas. Que non decaiga a festa porque aínda queda moito por ver e gozar. Edu, o do camping, o presentador, fixo un chamamento que subscribo: todos os participantes, público e alpuxarradas, superaban a idade media de trinta anos e temos que impicar a xente máis nova.

Vivero é moito Viveiro dígolo eu que non perdo pancada:

Velaiquí as autoridades civís e militares: Xavier e Tarrío bebendo e cantando a mazo.

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 020.jpg

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 023.jpg

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 022.jpg

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 024.jpg

En fin! Que non decaía a festa, o marte de entroido máis…

Texto e Fotos: Fina Roca

?