Feliz ano 2010

Confeso que empezo a pasar das celebracións consumistas: o Nadal é unha das datas más estupidamente consumista e hipócrita de todas cantas hai no calendario; con todo, quero felicitarvos a todos coas miñas fotos: unha casiña que está na Coruña, entre a Avenida de Arteixo e os Mallos, xusto ao carón do Centro Cívico, na que vive -ou vivía pois hai tempo que non a vexo-unha encantadora señora maior que coidaba das poucas plantas que lle deixou a civilización:

-Antes tiña unha horta e galiñas! Dicíame 

Casas 0051.jpg

Casas 0041.jpg

Casas 0061.jpg

Casas 0071.jpg

Enfrente queda estaoutra con mini horta, habitada por un señor a quen si vexo a miúdo.

Non se trata de ningún barrio chabolista, nin moito menos…

Texto e fotos: Fina Roca

?

A praia das Catedrias

Cando era nena adoitaba bañarme na praia das Catedrais, en Ribadeo, de xoven e adulta tamén me bañaba alí de marea baixa. Sempre me gustou este lugar ata que se disparou a súa merecida fama e invadírona os turistas, que non sempre respectan o entorno natural. Agora a penas vou por alí, agás en inverno, xa que dende que lle concederon o galardón de patrominio natural non hai maneira de gozar da paisaxe, hai máis xente ca areal. Sempre temín e temo que alguen se fixe demasiado nas praias salvaxes que tanto me gustan, porque de seguida lles conceden bandeiras azuis. COAS BANDEIRAS CHEGA A URBANIZACIÓN DO ENTORNO E OS MALDITOS PASEOS MARÍTIMOS que parecen todos dun parto e acaban co litoral .

Con todo paga a pena visitar as Catedrais, mirade:

http://commons.wikimedia.org/wiki/Praia_das_catedrais

 

Fina Roca

Exposición de Lola España en A Coruña

Lola España (Dolores F. España) ven de colgar os seus cuadros na coruñesa sala de exposicións Alen Klass http://alenklass.es/

Licenciada en Bellas Artes pola facultade de Pontevedra e Máster de Creatividade pola Universidade de Santiago esta xenial pintora ten obra abondo como para ser recoñecida no mundo artístico. A búsqueda da cor e de novos materias, que plasma de forma maxistral en forma de collage, sitúana a medio camiño entre o surrealismo pictórico e a literatura fantástica. Lola recoñece que, dende que abre a fiestra da casa ata que se deita, o mundo rural que a rodea, a cultura castreña ou unha semple horta, danlle voltas e reviravoltas na testa ata que é capaz de plasmar o que sente ao través dos pinceis. A cor ilumiña toda a súa obra.

Lola con Eugenia, a directora da Galería Alen Klass

Monte Blanko:

O castro de OKa (acrílico):

Magnífico collage acrílico: no curro da horta

A exposición está aberta de luns a venres 17:3o-20:30 H; sábados 11:00-14:00H

Alen Klass, Rúa Dolores Rodríguez Sopeña 9. A Coruña

Texto e Fotos: Fina Roca