Soho coruñés…

O Soho inglés é unha mestura do mellor e peor de Londres. Neste barrio agólpanse os sex shops e a vida nocturna más intensa dun barrio divertido,  liberal e cheo de curiosidades, onde a comunidade gai xoga un papel primodial: gran parte da prosperidade do Soho débese aos gais. Outrora era un barrio sucio, sórdido e falto de graza, onde a prostitución campaba as súas anchas:

http://es.wikipedia.org/wiki/Soho_(Londres)

O Soho coruñés nace en abril do ano 2008 coa mesma idea do soho londinense: dar vida a unha zona do casco vello coruñés íntimimamente ligada ao antigo barrio de putas, o Papagaio, inmortalizado por Camilo José Cela na súa primeira novela A Familia de Pascual Duarte. Hoxe en día, o cemento, gaña terrreo as tradicionais casas galegas de baixo, piso e sobrado, que todavía podemos ver no Orzán á sombra dos rañaceos. A zona, paralela ao paseo marítimo e praia do Orzán, está moi ben situada e a especulacicón urbanística é evidente.

Todos os primeiros sábados de mes reúnense un fato de artesáns, pintores e músicos no Soho coruñés coa idea de dar un pulo aos bares e locais da zona, emulando ao soho inglés. Fátalles moito pero todo se andará. Nesta especie de mercado liberal das Artes predominan os expositores novos…

Os organizadores (comerciantes do Orzán) fan atractivas ofertas para atraer os clientes, como asar carne na rúa e obsequiar cunha ración a quen gaste no soho un mínimo de 10 euros, ou sortear vales de compra por valor de 100. Charangas e paiasos animan a rúa do Orzán, dende o cruce de San Andrés ata a praza de Pontevedra…

O tempo non os acompaña, alomenos por agora, pero paga a pena achegarse a zona e mercar dende un cuadro, ata mel, agardente, queixos, perfumes, xabóns, roupa ou xoias artesanais. Por faltar non faltan nin as ONGs, nin os coleccionistas de selos, e tantas outras cousas.

Velaquí o Soho do Orzán de hoxe a pesares da chuvia:

O laureado pintor, e arquitecto, Oscar Cabana  Picado, deuse coñecer no soho coruñés, para él é un orgullo expoñer a súa obra na beirarrúa do Orzán, malia colgar os seus cuadros en recoñecidas salas de exposicións.

A vendedora de mel e aguardentes de Galiza:

A charanga e un taller de alfarería:

A tenda das esencias e perfumes:

Asando costela de cocho para obsequiar aos clientes e visitantes do Soho:

Texto e fotos: Fina Roca

Vilanova de Cerveira…

Vila Nova de Cerveira é un concello portugués que ofrece condicións envidables para os amigos/as de viaxar.

Cerveira fica na marxen esquerda do Rio Miño que fai fronteira con España. Esta cerca de Valença do Miño, a 37 km de Viana de Castelo e a 100 de Porto. Foi fundada por don Denis en 1320. Conta a lenda que, os Deuses do Olimpo, quixeron que fose rei un cervo, escollendo para o seu reinado e descendentes a terra portuguesa, que pasoou a chamarse terras de Cervaria por estar habitada por moitos cervos. Un día, un fidalgo desafiou ao rei Cervo, para apropiarse das súas terras, pero non puido co animal. Disque o devandito cervo quedou só no mundo e morreu de pena e aburremento desaparecendo do mapa a terra dos cervos. 

O caso é que no escudo de Cerveira hai un cervo en campo de verde e no penedo máis alto un fermosísimo mirador dende o que se divisa a desembocadura do río Miño en todo o seu esplendor, que está presidido por unha escultura de ferrro de dimensións descomuniais en forma de cervo, obra do escultor portugués José Rodrigues, que simboliza a lonxevidade das terras de Cerveira, ou o que é igual:  terra dos cervos.

A estrada de acceso ao mirador é moi estreita pero o firme está ben e hai onde aparcar arriba de todo. Paga a pena subir, a paisaxe é impresionate e o aire é puro. Podemos ver a desembocadura do río Miño en todo o seu espelendor e a orilla española 

Hai moito que ver nesta singular vila: un castelo, casas e igrexas medievais. Rio navegable, productor de lampreas e meixoes (angulas) -un dito popular di que en Cerveira todo sabe a rio- feiras e bienais culturais, que lle dan o nome da vila da cultura. O mercadiño é impresionante. Pódese atopar de todo: cesteiros, ebanistas, ferreiros, xardineiros, roupa, zapatos, etc, a prezos moi asequibles. A cerámica, azulexos portugueses e cestos de vimbio son boísimos. Nas feiras reúnense os mestres da artesanía popular, anque a comercialización da roupa empeza a gañar terreo…

Velaquí:

  O Rei Cervo:

Fina Roca. Cerveira, 30  maio 2009 009.jpg

Fina Roca. Cerveira, 30  maio 2009 018.jpg

O Rio Miño dende o mirador:

Fina Roca. Cerveira, 30  maio 2009 014.jpg

A Igrexa e casas medievais:

Fina Roca. Cerveira, 30  maio 2009 002.jpg

Fina Roca. Cerveira, 30  maio 2009 003.jpg

A feira:

Fina Roca. Cerveira, 30  maio 2009 004.jpg

Texto e fotos: Fina Roca