O furacán na Coruña

Os ventos furacanados atacaron sen piedade a toda a comunidade galega, en Coruña, concretamente, foi terrible, e na mariña luguesa están sen luz por mor do derrube das torretas de alta tensión que seguen a invadir cidades e montes en lugar de estar soterradas, como no resto de Europa. Tres días máis tarde da forte tormenta, as cousas seguen igual de mal.

Non se entende que, habendo como hai tantos parados con gañas de traballar, os respectivos governos, estatais, autonómicos e locais, non tirasen das listas do paro para solucionar os graves e pequenos problemas: restituír a luz, restaurar un valado, apagar as farolas, retirar unha árbore…

No paro hai de todo, inxeñeiros, profesoras, electricistas, albaneles, pintores…

Seica é tan difícil restarurar os valados nas zonas céntricas como a coruñesa Ronda de Outeiro, á altura do Colexio do Corte Inglés? As vallas que pechan o tristemente famoso Parque de Oza e que caeron o pasado vernes, seguen como estaban co consabido perigo para coches e peóns, avaneándose de cotío á altura do semáforo e non permitindo o acceso á marquesina do bus:

Pero mentres en Viveiro e resto da Mariña luguesa seguen sen luz, na Avenida de Monelos, Coruña, as farolas levan tres días encendidas día e noite e as vaias publicitarias van matar a alguén. Que non! Que non están a facer as cousas ben que se deixen os políticos de descursos estúpidos e se poñan a traballar de cheo.

Texto e fotos: Fina Roca.

Luís Alberto Hernández e Robín Peñaranda en ALENKLAS arte

Curiosa e interesante exposición dos artistas plásticos colombianos (Barranquilla) Luís Alberto Hernández e Robín Peñaranda. Ámbolos dous son pintores, escultores e licenciados en Bellas Artes pola Universidade Atlántico de Barranquilla onde Hernández imparte a docencia. É a partir do ano 2007 cando participan en exposicións individuais e colectivas en Galicia. Dende o día 11 de xaneiro ata o seis de febreiro do ano en curso podemos admirar a súa obra na Galería coruñesa ALENKLAS arte: http://alenklass.es/

 O profesor e pintor Juan Ondategui non quixo perder o acto inaugural:  

 http://juanondategui.blogspot.com/

 A obra de Hernández e Peñaranda está relacionada coa arte máis vangardista e coa literatura Hispano Americana. Na sala de exposicións podemos admirar non só os crímes máis raros e exóticos, senón tamén os galos e coitelos propios do realismo máxico de Gabriel García Márquez.

                                    Impresionantes cores

Texto e fotos: Fina Roca

Santa María do Campo, Viveiro

A Igrexa parroquial de Santa María é a máis completa e pura das igrexas urbanas de Galicia, está catalogada como Monumento e Conxunto Histórico Artístico Nacional, e é o edificio máis antigo do casco vello de Viveiro. Descoñécese a data exacta da súa fundación e construcción, pero, á vista das evidencias arqueolóxicas, non é difícil deducir que con anterioridade á igrexa actual, tivo que haber outra prerrománica, similar a esoutra xoia arquitéctonica: a Igrexa de San Pedro (VI-IX) de Viveiro cuxa fundación remóntase a unha época antiquísima.

O actual templo de Santa María do Campo (XII) é de estilo románico. Ten planta basilical de tres naves separadas por columnas e posúe unha ábsida semicircular con tres ventanucos exteriores, que están rotos. A Portada principal está franqueada por dúas torres cuadrangulares (a do reloxo e campanario) e consta dunha entrada con catro arquivolatas semicirculares apoiadas sobre tres columnas interiores, torna chuvias e rosetón. Esta parroquia posúe unha cruz do século XVII que está considera como a máis fermosa de toda Galicia. Todo o conxunto histórico ten o sabor medieval, ese encanto tradicional que sen razón xustificada perdeuse no resto de prazas viveirenses.

Os graves problemas de conservación do románico galego marítimo radican na salinidade, nos efectos perniciosos das humidades e excrementos das pombas e gaivotas. Existe todo un protocolo para a conservación dos monumentos catalogados e non se pode poñer unha simple grampa sen permiso de Patrimonio. De aí que non se entenda que, en Viveiro, monten un belén apoiado nas paredes do templo con figuras descomunais, sobre cascallo húmido de cortiza de pino e auga a cachón, multiplicando así as manchas de humidade, fungos e mofo.  

Non ten sentido tapar unha ábsida románica cun portal de cartón pedra e un cocho bebendo auga, nin cegar as arquivoltas, columnas e capiteis cun galiñeiro. Aínda se durase catro días, outro galo cantaría, pero, o pasado ano, houbo belén ata Entroido. Dentro do templo xa hai un fermosísimo Belén coas súas figuras tradicionais.

Resulltaba moi difícil andar polo atrio de Santa María sen esvarar no cascallo, moquetas e plásticos do belén. As pontes de madeira eran pouco seguras. O chan e escaleiras chorreaban, chorrean, auga polo mal drenaxe das lagoas artificiais. Asemade, para poñer un monigote pescando non facía falla pechar ao público as tradicionais rúas de Felipe Prieto (O calexón do cura) e a de Fernández Victorio, máis coñecida como a da Nogueira.

Patética a Figura do cagón:

Por favor! Deixade Santa María en paz! Que non! Que para atraer o turismo, gañar o Guines e saír na tele non fai falla esta desfeita. Hai mil sitios mellores: no paseo marítimo, nos galpóns do malecón, no club naútico, ou no parque de Cantarrana, onde vai quedar sitio dabondo para montar súper beléns trala tala salvaxe que están a facer. Nas Nogueiras quedaría moi enxebre.

En fin! preservar e resgardar o Patrimonio Cultural dun pobo é cousa de todos e de todas.

(Artigo editado en El Heraldo de Vivero (09-01-09)

Texto e fotos: Fina Roca