Anotacións do mes Decembro, 2008

Deixade que o viño fale

Martes, Decembro 30th, 2008

Feliz ano a todos e todas! Que vos parece este anuncio? Pois a min góstame moito. O bo viño alegra o corazón! Se estades pola labor escollede os mellores viños do mundo para brindar polo aninovo, pero etiquetados en galego, claro! A fala do común, como o viño, non lle fai mal a ninguén, nin avinagra o pensamento.

Hai que galeguizar a economía! Escomencemos co chateo vinícola…

viños.jpg

A Loteria de Nadal

Domingo, Decembro 21st, 2008

 

O pasado mes de novembro, na madrileña porta de EL Sol, as revendedoras da Lotería Nacional vendían os décimos de Navidade á 22 euros. Hoxe, véspera do sorteo, as mesmas loteiras vendíanos a 30 euros. No Centro da praza hai unha lotería legal, pois ben, había colas para todo. Onde está a crise? Que o gordo reparta sorte para todos e todas, e que toque onde máis o necesitan, no Celeiriño (Viveiro) e Penamonas (A Coruña) por exemplo! Bo Nadal e que sexades felices.

Velaquí as tradicionais revendedoras de Lotería da Porta do Sol coa Loteria de dona Manolita, A Bruxa de Ouro e outras:

 Fina Roca Madrid. 15 de novembro de 2008 0101.jpg

Fina Roca. Madrid. 15 de novembro de 2008 0091.jpg

Fotos e texto: Fina Roca

Pilar García Negro e Rosalía

Venres, Decembro 19th, 2008

 

 Conferencia de Pilar G. Negro na F. Caixa Galicia (17-12-08) 0061.jpg

http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=MarGarc%ED1

Conferencia de Pilar G. Negro na F. Caixa Galicia (17-12-08) 0011.jpg

Organizada pola Asociación cultural O Facho, a escritora, profesora e política, Pilar García  Negro dei unha conferencia na aula de prensa da Fundación Caixa  Galicia (17-12-08). Gran coñecedora da obra rosaliana, Pilar, comenzou o seu relatorio chamando a atención de que  ‘faise preciso desentrañar os motivos dunha falsa lenda que aínda hoxe en día envolve a vida e obra de Rosalía de Castro (1837-1885) . Cumpre devolver a esta gran escritora, galega, á verdade da súa produción literaria, ao seu radicallismo e a súa transgresión coma muller librepensadora, poeta, novelista, ensaísta, articulista, actriz… Rosalía representa a esencia e inicio da modernidade galega, é a voz e interpréte principal da historia  contemporánea de Galiza, a primeira feminista do seu tempo e se cadra da Europa do século XIX. O seu feminismo non foi casual, para nada! foi froito da correlación existente entre  a súa posición vital, filosófica, social e política. Rosalía era unha muller moi culta para o tempo que lle tocou vivir…>> 

A profesora García Negro doíase  das críticas adversas que ao longo da Historia tivo tan egrexia escritora. Mesmo Unamuno, e os seus coleguiñas do oitocentos, tiveron unha ridícula visión da autora de Follas Novas. Para Miguel Unamuno ‘Rosalía era unha pobre aldeá que dei exemplo de virilidade e independencia de espírito’. Non fai falla remontarse ao século XIX para descubrir que os intelectuais galegos pensan igual cos escritores da xeración do 98 que tan mal trataron a nai da patria galega. Mesmo Xesus Alonso Montero en 1972 fixo un desafortunado retrato de Rosalía baseado nos falsos tópicos exitentes en tor a unha escritora galega, Rosalía, que creeou unha obra diferente, e que pon de manifesto tanto a hipocresía social como o decrépito da literatuta, reivindicando, o dereito das mulleres a escribir e cobrar por elo. Desafiando, incluso, a falsa moraliña da Igrexa Católica, facendo a Luzbel (Lucifer o anxo fermoso que se rebelou contra Deus)  protagonista na súa obra, convertendoo nunha fermosa e terreal muller.

Pilar rematou o seu relatorio animándonos a mergullarmos na obra desta escritora universal, recitando uns versos do libro de Follas Novas: A Xustiza pola man que non teñen desperdicio. No coloquio saiu a reluzir Luzbel, Maruja Mallo, Rosa de Luxemburgo e o gran narcisismo da Real Academia Galega onde só hai catro mulleres fronte a 30 numerarios. É dicir, que o canto mixósino do intelectalismo galego da mágoa.

http://www.google.es/search?hl=es&q=Real+Academia+Galega&meta=

 Texto e fotos: Fina Roca.�

Luís Neira (Viveiro)

Luns, Decembro 15th, 2008

 O Consello de Ministros vén de conceder a Medalla de Ouro ao Mérito no traballo a Luís Neira (1917), redactor xefe de El Heraldo de Vivero: xornal fundado no ano 1912, medalla de honor da cidade de Viveiro e Decano dos seminarios locais de Galicia, dirixido por Ángel M. Fernandez de la Vega e editado por Javier Canosa Penaba.

Don Luís leva case toda a súa vida vinculado a El Heraldo, anque tamén foi carteiro, tipógrafo e impresor, oficios dos que se sente moi orgulloso. Segundo o Heraldo desta semana, Neira, entrou a traballar aos once anos de idade como cajista da imprenta Fojo, compoñendo os orixinais do El Heraldo e de El Momento. Luís Neira e a súa dona, Melina Brochs -muller traballadora onde as haxa-mercaron unha pequena imprenta na rúa Zapatería de Viveiro (Almirante Chicarro 27) que é onde actualmente se compón e edita El Heraldo, semanario que non se vende -fonciona polas subscripcións- pero que se lee en todo o mundo. Onde hai un viveirense ou alguén ligado á vila, alá hai un subscriptor deste singular peródico, historia viva dos aconteceres de Viveiro. 

Trinta foron os galalardonados deste ano.

Noraboa don Luís por tan merecido premio! 

Luís Neira 002.jpg

Luís Neira e Fina Roca (4-07-03) no Garoa na homenaxe ao seu gran amigo Luís Tobío.

Foto e texto: Marta Michelena e Fina Roca

Pancho Pillado

Xoves, Decembro 11th, 2008

Onte, organizada pola Asociación Cultural o Facho, Francisco Pillado  http://gl.wikipedia.org/wiki/Francisco_Pillado  Pancho Pillado para os amigos, dei unha magnífica conferencia no Centro Sociocultural Fundación Caixagalicia (R/ Médico Rodríguez, 2-4. A Coruña) sobre a Rosalía de Castro e As mulleres no percorrer da Hisoria. 

 Pancho fixo un ilustrado, exhaustivo, percorrido non só sobre Rosalía, senón tamén  sobre o concepto que tiñan, teñen, das mulleres os pensandores universais. Vamos! Que non deixou títere con cabeza, dende Aristóles a Primo de Rivera, pasando por San Agustín, Freud, Erasmo, Quevedo, Lutero, Molière… Por faltar non faltaron nin os grandes pensadores do século XX nin os do XXI. Eses ‘ilustres persoeiros’ para quen as mulleres nunca pasamos de ser uns miserentos seres inferiores, uns bechos, cousas

Pancho é un gran comunicador e encandilou a todos/as os presentes! Logo houbo un interesante coloquio, onde, un rapaciño recoñeceu que entrase no centro sociocultural sen saber de que ía a cousa, que entrase por entrar. Acabou dándolle as grazas ao conferenciante e organizadores do evento, porque aprendese moito e pasárao moi ben…

O dramaturgo Manuel Lorenzo, -quen en 1965 creou o grupo de Teatro O Facho xunto con Francisco Pillado-,  e a escritora e política Pilar García Negro estaban entre o público. 

Pancho Pillado 10-12-2008 0021.jpg

 Pancho Pillado 10-12-2008 004.jpg

Manuel Lourenzo xunto a profesora Lola Valcárcel:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Lourenzo

Texto e fotos: Fina Roca

O Celeiriño (Viveiro)

Mércores, Decembro 3rd, 2008

 Que fillos de puta! Malditos especuladores que son capaces de converter un barrio mariñeiro nun pobo fantasma. Son culpables todos: promotores e constructores (Inmo Xerión S.L), Banco que finanza as obras (Banco de Galicia), Concello de Viveiro (PSOE) que concede as licencias, Xunta de Galicia (PSOE+BNGa) que pasan por alto as barbaridades urbanísticas, partidos políticos que só pensan nos seus intereses partidistas, sindicatos que pasan de todo e armadores  que só se preocupan de informatizar a lonxa facendo oídos xordos as desfeitas continuadas dun pobo, que como Celeiro, debería ser patromonio da Humanidade… 

 Alguén ten que pagar por deixar a tanta xentiña do común na rúa! Cómo é posible que os promotores de Inmo Xerión non estean na cadea? Pero en que país vivimos para poder deixar tiradas a 41 familias pola ambición de quen quería  facer un edificio que espanta á vista chantado en medio e medio dunha magnífica e ancestral construcción mariñeira. Ata os máis ignorantes da vila sabían que onde ían excavar non había máis ca area e auga. Por que ninguén puxo remedio? Porque poderoso señor é don diñeiro…

Velaquí o que había e o que hai:

  O Celeiriño 009.jpg  Porto de Celeiro, arquitectura tradicional

O Celeiriño 003.jpg 

Composición virtual da promotora Xerión do edificio da desfeita que aínda se vende por Internet e que contaba con todas as bendicións legais.

 O Celeiriño 002.jpg 

Como se pode autorizar algo tan feo?

 O Celeiriño 001.jpg O Celeiriño 006.jpg O Celeiriño 008.jpg 

O Celeiriño 010.jpg 

Que pinta o alumbrado navideño?

O Celeiriño 004.jpg 

Visto esto, como é posible que ninguén estea na cadea? Que barbaridade! E seguirán a darlle diñeiro aos bancos para paliar a crise…

Fotos e texto: Fina Roca