Rúas sen salida…
Venres, Outubro 31st, 2008Na coruñesa rúa Joaquín Galiacho os sufridos veciños están ata os miolos do parque de Oza. O alcalde Losada, non contento con telos pechados ao mundo exterior dende hai sete anos, agora, enxaulounos para saír na foto poñendo a primeira pedra dun parque que é a obra do Escorial e do que os veciños gozaban denantes de empezar as manidas obras.
Están a cargarse a vexetación autóctona a pasos acelerados.
Joaquín Galiacho, no cruce de Monelos, é unha república bananeira na que as ambulancias, como se ve nas fotos teñen que facer filigranas para poder entrar e saír. Pobre de nós como se declare un incendio! Co lindo que era pasear por este parque collendo setas, noces, castañas…
Alá o Concello coa súa conciencia…
%20Foto%20Fina%20%20Roca%200011.jpg)
%20Foto%20Fina%20%20Roca%20005.jpg)
Fotos e texto: Fina Roca

%20Foto%20Fina%20%20Roca%20011.jpg)
%20Foto%20Fina%20%20Roca%20019.jpg)