Monseñor Rouco Varela o novo führer de Dios

Rouco Varela é un home tristísimo marcado pola súa cruda infanza! Nace na Vilalba franquista, perdón fraguista, en 1936; con a penas dez anos vai studiar para cura ao tétrico Seminario de Mondoñedo (1946-1954) e logo, sen tempo a vivi-la vida e porse en contacto coa realidade social e natureza persoal, péchase na Universidade Pontificia de Salamanca (1959), para acabar cultivando o seu alter ego no instituto de Dereito Canónico de Munich onde celbraban o trunfo de Franco e choraba a morte de Hitler.

Que queredes dun home tan instruído no nationalsozialistische Deustseche Francoalemán?

Pobriño! Educado en santuarios carpetobetónicos sen dereito ao placer sexual, nin a formar unha familia como Deus manda, ten que estar moi reprimido e amargado! Claro que non lle faltan praceres mundanos, vive nun pazo arzobispal, ten quen lle faga as tarefas domésticas, codéase cos reis, infantas e príncipes e, asemade, ten o púlpito dunha catedral, que para min quixera, para espallarse as súas anchas e todos/as bicánlle a man con cara de babosas. Ai Cardeal! Envexa me das! Eu por non ter un pendallo coma ti no medio das pernas nunca a cardeala poderei chegar! Non che parece inxusto que as mullleres non poidamos ser presidentas de Cidade Vaticano, alias Papas? Entre nós, non será que os bispos católicos tedes medo a perder os dereitos da sociedade patriarcal, a  perder o choio se seguimos avanzando en dereitos democráticos. As monxas parvas non son e non tardarán en esixir o dereito a votar Papa, como votan presidente. 

Para min quixera os privilexiios dos príncipes da Igrexa! Que ben viven, que me deixen un púlpito e xa veredes como convenzo aos ‘infieis e paganos’… 

Pois si monseñor, ten vostede razón, a culpa de tantas desfeitas familiares é do goberno! Van ir todos para o Inferno…

-Deus da pano de peto a quen non ten nariz! Fai falla un miragre mariano para acabar con tanta hipocresía episcopal…

Vai sendo hora de que os gobernos democráticos deixen de subvencionar á Igrexa Católica por facer propaganda de se mesma. Fina Roca.

?