El Jueves…

O 20 de jullo do ano en curso, o xuíz Juan del Olmo secuestrou a revista satírica El Jueves da que son incondicional lectora dende os tempos de María Castaña. O secuestro non ten sentido, que barbaridade! Será certo que contra Franco vivíamos mellor!? De que vai este xuíz? De modelo de virtudes? Veña xa! Non pode secuestra-la libertade de expresión co traballo que nos costou conseguila. Este episidio recordoume cando secuestraron a La Codorniz por unha portada na que se facía alusión aos 25 anos de paz do franquismo: 25 anos a puro ovo. Del Olmo non contento con retira-la revista satírica dos quioscos e librerías, mandou desconectar a páxina web de El Jueves. Por que? Porque confunde o cu coas témporas. Está tolo! Nin que non houbera outras cousas máis importantes que facer…

Velaquí a portada secuestrada. Que me secuestre a min tamén:

Fina Roca

A praia de Sacido, Viveiro…

Fotos e texto: Fina Roca

A praia de Sacido (Galicia), situada no extremo occidental do paseo marítimo de Viveiro (Lugo), é unha fermosisima cala de area moi fina e branca de 90 metros cadrados, que está rodeada dun gran acantilado e pequenos cantís mariños cubertos coa vexetación propia da ribeira viveiresa: piñeiros bravos, xestas, abruñeiros (os endrinos casteláns cos qu se fai o Pacharán), loureiros, silvas, moreiras, fentos rizados, fungos, toxos e flores silvestres, como liririos e madreselvas, e todas cantas flores hai relacionadas coas herbas de San Xoan: ruda, herba Luísa, fiúncho, lavanda, espadeira…

 Sacido 017.jpg

Cala de Sacido

Na beira das 144 escaleiras da praia, único camiño de acceso, aínda podemos ver entre as herbas, os saborosos careixóns (fresas silvestres), temén chamados cacareixós, amorodos, morotes ou morangos…

Sacido 015.jpg

Escaleiras de acceso á cala de Sacido

Confeso a miña fidelidade por esta praia  e pola ‘piscina’ de Xaime, un remanso natural de auga salgada na que da gloria bañarse…

Sacido 021.jpg

Outrora, os cativos e cativas, agachabamos entre as rocas e loureiros unha lata grande de marmelo, para cociñar nas brasas o que collíamos coas nosas propias mans: mexillóns, minchas, nocos, cangrexos, camaróns, ourizos, navallas ou longueiróns. Pasabámolo en grande! E sempre había algún mariñeiro coa súa dona botando a rapeta, para xunta-lo peixe. Daquela non había paseos marítimos, nin espigón desmesurado, nin ‘salgueiros’ con minigolf…

Pero, como poderoso señor é don Diñeiro! Acabaron poñéndolle reixas ao monte beneficiando aos Salgueiros a conta dos carballos, castaños e piñeiros. O Motel as Sirenas ten unhas vistas fabulosas, pero o acantilado vaise ao carallo:

Sacido 006.jpg Sacido y Covas 023.jpg Sacido y Covas 027.jpg

          (Reixas a escasos metros do acantilado. Os Salguieros -donos do Motel as Sirenas- cercaron o monte con alambradas para facer piscinas e minigolfs, esquecéndose do señorío de paso e pechando ao mar os ancestrais camiños públicos…)

Como cada ano hai máis obras coa conseguinte poda de ábores, os desprendementos e a erosión están servidas. Para corroborar o que digo abonda con darse un garbeo ata Sacido no coche de San Fernando. Non só observaredes en directo as fochancas de medio metro de ancho tapadas cunha semple valla metálica, senón tamén o peche do único camiño público que había ao final do paseo marítimo, para favorecer a construcción de 90 apartamentos turísticos. E iso que agora mandan os outros…

De seguir así van urbanizar a Colleira.

Sacido 008.jpg Sacido 007.jpg Sacido 018.jpg

 Sacido y Covas 029.jpg Sacido y Covas 032.jpg Sacido y Covas 035.jpg

Fochancas no paseo marítimo e desmesuradas talas para favorecer as vistas dos novos apartamentos a escasos metros do acantilado…

Sacido 009.jpg Sacido 014.jpg Sacido y Covas 036.jpg

Camiños públicos pechados a cal e canto

Artigo publicado no Heraldo de Viveiro (20 de jullo de 2007)

Os Loureiros de Sacido e Seiramar…

O loureiro foi sempre unha árbore sagrada, romanos e gregos coronaban aos emperadores, deuses i heroes cunha coroa de laureiro. De feito Apolo represéntase cunha coroa de loureiro. Na idade media cando alguen realizaba unha gran fazaña, ou remataba os estudios con éxito coroabase con loureiro…

No concello de Culleredo (A Coruña), no Burgo, hai un interesante xardín botánico con paneles informativos onde podemos ver a palabra bacharelato ao pe dun loureiro. O nome de bacharelato, bacalaureatus, significa coronado de loureiro, laureado. En Galicia cólgase o loureiro bendecido o domingo de Ramos na cociña e cuadras para afuxenta-las meigas e diaños. O certo é que é unha árbore moi estimada e pode alcanzar máis de 20 metros.

As follas de loureiro teñen poderes curativos, axudan a face-la dixestión e dan un sabor incrible as comidas, tanto ao marisco como as carnes ou legumbres. Pero ollo! Que nin todo o loureiro sabe ben, nin ten o mesmo olor. Para cocer marisco e cociñar peixes de roca, ou para facer un bo escabeche, o loureiro recomendado é o que crece salvaxe nos acantilados, cerca das praias, entre toxos e piñeiros bravos. Este loureiro ten un olor especial a mar, ule que da gloria.

loureiros 001.jpg loureiros 003.jpg loureiros 004.jpg

Loureiros da Mariña luguesa situados entre as praias de Seiramar e Sacido, crecen entre piñeiros, toxos e fentos. Pero están a sufrir o ataque das urbanizacións da bisbarra, en especial, do Motel as Sirenas, que acaba con todo para ter boas vistas dende os bungalows, hotel, piscina e minigolf…

loureiros 005.jpg loureiros 006.jpg loureiros 008.jpg

Como gardar loureiro para o ano:

Hai que collelo no mes de xullo -no verán- porque está no seu mellor momento, é cando mellor ule e ten un color moi lindo. No hai que esperar a que se seque na árbore. Procurar collelo pola tarde noite, sen sol e sen xeada, que o loureiro estea limpo e sen auga. Escollemos unhas ramas boas, de follas duras, envolvémolas nun periódico en cucurucho, e deixamolas secar unha semana como mínimo, nun lugar obscuro:

loureiros 009.jpg loureiros 010.jpg

Seleccionar as melloras follas, duras, pero verdes…

Unha semana despois hai que separar as follas do talo, esparramándoas nunha fonte perante dous ou tres días, sen sol pero con aire, e logo metelas nun tarro de cristal. Se queredes conserva-lo laureiro fresco, hai que metelo na neveira nun frasco recén collido. O loureiro seco dura anos, pero recomendo collelo só para o ano…

 loureiros 012.jpg loureiros 013.jpg

 Secar no xornal, na fonte e meter en tarros de cristal: gardar entre as follas algún rabo de loureiro para conservar mellor o sabor. O loureiro mantén a cor verde perante meses, pero se se pon parduzco non pasa nada sempre e cando ula ben.

Para as carnes, caza e legumbres, hai que collelo nas marxes dos ríos ou na montaña, porque ten outro sabor diferente e vaille mellor co loureiro da mar e axuda a dixerir as comidas. 

Ir por loureiro anima o paseo! 

Texto e fotos: Fina Roca

Viveiro excelencia turística…

 Entrando en Viveiro pola carretera da costa, en Covas, á altura do abandonado Pazo do Grallal hai un singular letrero co seguinte texto:

                   VIVEIRO EXCELENCIA TURÍSTICA. CEMITERIO 

                               Sacido y Covas 046.jpg

O cemiterio de Covas non ten nada de excelencia turística así que deberon colocar o cartel para que os turistas admiren os monumentos urbanísticos dos constructores sen conciencia. Abonda con seguir a flecha para confirmar o que digo…

Velaquí: O letreiro está colocado entre dous edificios en construcción, a escasos metros da praia de Covas, e porta con porta dunha fermosa casa típica galega. Viva a excelencia turística e Lei de Costas!

Sacido y Covas 013.jpg Sacido y Covas 050.jpg 

 Detrás dos devanditos edificios hai unha escombreira, en plena calzada, e un cemiterio de lixo e chatarra, e que dicir da perforadora dos constructores Los Molineros, que se está a carga-las hortas coas personas dentro: 

Sacido y Covas 054.jpg Sacido y Covas 057.jpg Sacido y Covas 058.jpg

Entre o pazo do Grallal e o primeiro edificio, Construccións Rego, deixaron un estúpido calexón que se traga o muro do Grallal:

Sacido y Covas 055.jpg Claro que, este pazo ten a negra!

Para rematar as excelencias turísticas, o Concello debeu contratar a tres xinetes da Hípica de Xove, que se pasean a cabalo polas beirarrúas do paseo marítimo, dan un garbeo polo parque deixando pastar e cagar libremente aos animais, mentre eles se toman unhas cañas:

Sacido y Covas 042.jpg Sacido y Covas 044.jpg Sacido y Covas 045.jpg

A imaxe dos xinetes a cabalo é moi linda, sempre e cando non cagaran e os xinetes recolleran a merda, coido, que non é lugar para atalos na cantina do camping ao lado das persoas, e moito menos ir ao galope polas aceras en horas puntas…

Seguirei a contar as excelencias turísticas de Viveiro, unha vila que pasou de ser a perla do Cantábrico a un abalorio sen gusto pola ambición dos constructores, promotores e políticos da quenda.

Fotos e texto: Fina Roca

Pon unha oposición na túa vida…

Os mal chamados profesores ‘non universitarios’ están a examinarse para conseguir unha praza de mestre de Infantil e Primaria, ou de Secundaria…

E digo ‘mal chamados non universitarios’, porque todos/as pasaron pola universidade, cando non teñen un doutorado ou tropecentos másters. Claro que, para ser profe de Infantil, Primaria e Secundaria, non basta con ter tropecentos títulos, hai que ter vocación de ensinante, xa que alumnos e xuntas directivas nomeadas a dedo poden acabar coa paciencia de calquera. Non son os máis preparados, -quen ten dominio de aula e vocación- os que acceden ao ensino público, senón quen máis enchufes ten.  A preparación académica depende dos cartos e ata os máis burros poden adquirir títulos. Na privada, cómpranse as prazas, dependendo do centro, constituído en cooperativa, pero subvencionado polo Estado, unha praza de profe está nos tres quilos mínimo…

Antes os ricos invertían nos bancos para empregar aos fillos ‘tontos’, aos que non valían para estudiar, e ás fillas buscábanlles un marido con posibles. Agora inverten en Política (subvencionando partidos) ou en Educación, pagándolles másters e cursos no estranxeiro a esgalla, baremables, para facelos funcionarios docentes, cando non valen para o Senado…

Vocacións docentes hai poucas! Xunta, tribunais e sindicatos seguen a exercer o corporativismo i enchufismo. Dende que as oposicións son autonómicas, quen máis quen menos, ten un parente nun tribunal, ou catro paisanos da súa parroquia. Quen ten padriños sálvase, quen non os ten, ten que ser o número un en todo…

Das 18.000 persoas que aspiran a unha praza das 3.125 ofertadas pola Consellería de Educación da Xunta de Galiza, o 60% son interinos/as. Entraron pola porta de atrás, presentándose a unha oposición e suspendéndoa. Das listas de suspensos, que non sempre son transparentes, e corren cando non deben, saen os futuros profes substitutos e interinos. Os interinos, para gaña-la oposición, só teñen que presentar e defender unha programación.

Pois ben! 500 interinos da presente convocatoria foron excluídos das oposicións por non axustarse a dereito a programación presentada, segundo ás normas da Consellería de Educación.

E van e montan en cólera, non só os excluídos, senón os Sindicatos…

Manda truco na Habana! Non se explica que os Sindicatos do Ensino armen a Marimorena a favor dos excluídos en contra dos tribunais docentes, que por primeira vez fan o que deben: axustarse a normativa vixente. De seguro que teñen algún fillo entre os excluídos, cando non son eles mesmos, os sindicalistas, os que quedaron fóra do sistema…

Están excluídos e punto! Que cada quen presente o seu propio recurso. Non é de recibo que a Consellería veña de garantirlles o posto de traballo para o próximo ano aos 500 excluídos por facer mal a programación, para evitar o coñazo dos sindicatos…

Os opositores restantes, os non excluídos, non teñen quen os defenda. Deben loitar por esas 500 prazas a maiores, recorrendo, incluso, aos tribunais de xustiza, porque, ao non estar excluídos, suponse que fixeron as cousas ben, pero van suspender por falta de prazas…

500 prazas máis non é moco de pavo…

Máis ainda, os opositores non presentados, no caso de que lle dean a razón á totalidade dos excluídos, deben reivindicar o seu dereito a permeanecer nas listas de contratación por agravio comparativo e favoritismo manifesto…

Vamos! Non ten sentido que, as mulleres embarazadas, a piques de dar a luz, aspirantes a unha praza na rama sanitaria, non tiveran ningunha prevenda á hora de examinarse, pero queren favorecer a 500 interinos, que fixeron mal a programación. Se o requisito indispensable para optar ás devanditas prazas era facer unha programación e fixéronna mal, pois a outra cousa: ás colas do desempleo, por exemplo! Como o resto de galegos e galegas que traballan na Hostelería ou construcción, malia ter carreiras universitarias…

 Basta xa de favoritismos! En Galicia, coma sempre, quen ten padriños sálvase e quen non os ten, vaise ao carallo…

Para confirmar o que digo, abonda con observa-la lista dos futuros aprobados, ou interinos. Quen máis, quen menos, os/as profes, teñen un fillo/a examinándose, e son os profes os que forman parte dos tribunais. Nun mesmo IES pode haber catro ou máis membros dos tribunais. Todos nos coñecemos… 

Así funciona:

-Eu vou de vocal, ou presidenta, a Matemática, pero ti vas a Lingua, onde está matriculado o meu fillo, ti apróbao, ou dalle boa nota para que quede nas listas de contratación. Eu farei o mesmo pola túa sobriña…

Como funcionan as listas?

Así:

-Sintoo, pero pasou o seu turno, cansámonos de chamalo e mandarlle comunicados sen que vosteda nos respondera.

-Nunca nada recibín! 

Coas listas hai que esta ao loro, non é o mesmo facer unha substitución de seis meses que de quince días. Todo depende do controlador de turno, de como corren sen que os ‘sen padriños’ se decaten.

No Ensino, como nas notarías, o corporativismo existe co visto bo dos Sindicatos desclasados…

 Fina Roca

Moteiros en Viveiro…

Hoxe, por fin! Remata a concentración de moteiros en Viveiro chegados de toda a xeografía galega. E digo, por fin! Porque non entendo que, perante catro días e noites, teñan que cruza-la vila de arriba abaixo e de abaixo arriba, facendo ruído noite e día co tubo de escape trucado, tocando o claxon a toda pastilla. Vamos! Que para facerse notar abonda coa exposición e exhibición de motos e motocross nos lugares carismáticos ou na carpa que para a ocasión montouse en Celeiro, onde houbo un concerto de rock duro e hip hop, Sex Museum, non compartido polos mariñeiros xubilados do Gran Sol, pero que si contaba coas simpatías dos bares e pubs do lugar, que viron aumentadas as súas ganancias sen lles preocupar que, rapaces e rapazas, irresponsables, colleran as motos con máis índice de alcohool do permitido. Curiosamente, a garda civil, que está sempre na variante facendo controls de alcolemía, os días da concentración, brillou pola súa ausencia malia ter o cuartel xeral en Cantarrana, Covas…

                    moteros, Viveiro 003.jpg

        A Fermosa ponte da vía. Oculta á vista pola ponte nova da variante, un claro exemplo do feísmo viveirense. A maior concentración de moteiros foi aquí, ao carón da ponte da vía, na variante de Viveiro, unha merda de estrada que fixeron baixo o governo de César Aja e Jaume Matas, para legalizar unha promotora da vara do PP.

                      moteros, Viveiro 017.jpg moteros, Viveiro 001.jpg 

Esquerda e dereita da ponte da vía. Á esquerda hai urbanizacións desmesuradas, á dereita, de momento, hortas, froitos e frores…

moteros, Viveiro 004.jpg moteros, Viveiro 006.jpg moteros, Viveiro 015.jpg

Namentras en Viveiro reinaba o caos con tanto moteiro descontrolado, no resto de Galicia, familias enteiras de moteiros responsables, reivindicaban a retirada dos quita medos e gardarraís das autoestradas, para evitar as mortes e accidentes de motos, sen necesidade de facer ruído noite e día cos claxon e tubos de escape; os moteiros tolos de Viveiro saltaban á toreira as sinais de tráfico e os límites de velocidade.

                                         moteros, Viveiro 016.jpg 

            Dando voltas e reviravoltas, noite e día, a toda pastilla…

            Claro que, en Viveiro, todo vale, tanto ten que mande! De feito a variente sempre está ocuapada por camións de gran tonelaxe que ocultan á vista dos conductores as sinais de tráfico:

                    moteros, Viveiro 002.jpg

Os camións non só tapan as sinais, senón tamén, os frigoríficos, non apagan os motores, para manter as cámaras activas co conseguinte desacougo das casas veciñas, que non poden durmir co rúido…

Pero, o peor dos moteiros é que, os seus seguidores aparcan, como os camións, onde lles peta, como este coche que aparcou en pleno acceso ao paseo fluvial do río Landro e aí se quedou perante toda a tarde noite do sábado 30 de xuño:

moteros, Viveiro 014.jpg  Para ver a matrícula e a foto en grande pinchar en guardar como.

O coche non se privou de nada, aí estaba antes e despois da concentración impedindo o paso ao paseo fluvial ante a indiferencia da policía local e de tráfico.

moteros, Viveiro 007.jpg moteros, Viveiro 005.jpg moteros, Viveiro 013.jpg 

                                        moteros, Viveiro 012.jpg

Tampouco é de recibo que os espectadores se encarmaran á vía do tren, rapaces moi novos e nenos, co conseguinte perigro sen que ninguén dixera nada. Afortunadamente choveu a cachón e a xente abandonou a vía do tren minutos antes da chegada do ferrocarril da costa.

Os peóns pasáronnas putas con algún moteiro irresponsable. A organización debería de expulsar aos infractores das concentracións de motos.

Texto e fotos: Fina Roca