O Avión de Amnistía Internacional…

Amnistía Internacional, con motivo da visita a España da asesora de Seguridade Nacional da Casa Blanca, Condolezza Rice, escribiulle unha carta ao presidente Zapatero para que lle faga chegar a repulsa nacional polo que está a pasar nos EE.UU.

http://www.es.amnesty.org/noticias/noticias/articulo/sera-el-cierre-de-guantanamo-una-de-las-cuestiones-espinosas-que-no-tratara-el-gobierno-espanol-c/ 

Na Coruña a agrupación local de Amnistía Internacional, encabezada por Margarita González, manifestouse diante da embajada estadounidense, para denunciar que a política dos EE.UU viola os Dereitos Humanos e vulnera o Dereito Internacional, tal é o caso da pena de morte, das desparicións e torturas en Guantánamo. Os activistas recolleron firmas, leron un comunicado e fixeron unha representación alusiva aos avións da morte.

 Amnis, tabaco 024.jpg Amnis, tabaco 021.jpg Non máis vóos á tortura…

Membros de A.I con monos laranxas e capuchóns negros sosteñen un avión en forma de féretro en clara alusión aos avións estaounidense que sobrevoan Europa facendo escala, incluso, en España con persoas desparecidas para interrogalas sen ningún tipo de garantías, e torturándoas.

 Amnis, tabaco 022.jpg Amnis, tabaco 025.jpg Non só os magos fan desaparecer…

Pegadas negras e carteis cos nomes, apelidos e nacionalidade dos desaparecidos e condenados a morte, chicanos, pobres, retrasados mentais… 

Texto e Fotos: Fina Roca

Moellas de terneira con arroz e mexillóns…

 Confeso que ía falar do resultado das eleccións municipais, pero estou tan cabreada que é mellor cociñar. 

Vivimos nun tempo histórico no que tanto as dereitas como as esquerdas están máis preocupadas en saír na foto ca dar solucións aos problemas socias, empezando pola vivenda e seguindo pola inmigración. Todos gañaron! Non houbo perdedores! Escoitar a un, é escoitar a todos, se un ten máis votos, o outro ten máis de todo. Aburren a un santo! Seguen os mesmos, anque remontan as esquerdas (PSOE+BNG+EU) e as mulleres de tódalas tendencias, que non é moco de pavo. A nota política deuna Paquiño Vázquez instando ao seu delfín a pactar coas dereitas do PP, este home non ten remedio, non se resigna a vivir do papado, nin se conforma con ter mansións en todas partes, incluso, en Polonia, quere mandar na conciencia dos coruñeses con promesas inverificables de salvación eterna. Desta si que o seu fillo putativo, o devandito delfín Javier Losada, móntalle a catedral en Riazor en pago aos servicios prestados! Demasiados progresitas de pacotilla para o meu gusto, pero bendita democracia, que non nos falte nunca…

En fin! Ao que íamos…

As moellas (mollejas en castelán) de tenreira son unha das partes máis finas da vaca. Dan traballo pero paga a pena facelas. Son moi fáciles de dixerir.

Recetas F 002.jpg Recetas F 003.jpg Recetas F 004.jpg  Ingredientes: tres moellas frescas para catro persoas.

1-Metelas en auga fría tres ou catro horas para que solten o sangue. Cocelas perante dez minutos con sal, cebola e unha folla de laurel. Deter a coción mergullándoas en auga fría. Quitarlle-la pel e grasa. Escorrer a auga, metelas nun pano branco e poñer un peso enriba perante unha hora aproximadamente para que se aplasten. Unha vez aplastadas, cortádeas en cachos ou en filetes (fritas rebozadas están moi ricas).

2. Facede un caldo (vale calquera, de carne, verduras ou peixe) coa auga de coce-los mexillóns e as verduras que estimedes convintes, un puerro, zanahoria…

3. Picade cebola abundante, dúas cabezas de allos, medio tomate e abride unha lata cativa de champiñóns…

4. Unha cunca de arroz cocido, en branco, e lavado…

Preparación: Sofreir a cebola picada cos allos e tomate, engadir as moellas picadas e champiñóns, que se doren, engadir abundante caldo deixar cocer dez minutos, que queden tenras, e cando estean listas bota-lo arroz e os mexillóns sen cáscara. Que o arroz quede caldoso e como xa está feito todo consiste en botar máis o menos caldo. Espolvorear con pirixel e a papar! Que aproveite.

Nota: como tódalas cousas convén facer os preliminares o véspera, ter o fondo de neveira co caldo, as moellas limpas etc.

Fotos e texto: Fina Roca

 

?

Xornada de reflexión…

Mañá toca votar alcaldes e alcadesas, poucas, polo que se ve nas listas…

Convén reflexionar en tor aqueles alcaldes que necesitan dun pelotón de policía para dar mítines, incapaces de dar un paso sen policía local + nacional. Nunha ciudade como a Coruña, na que os coches aparcan onde lles peta, non é de recibo que os ‘gardas’, que pagamos todos/as, abandonen as rúas para seguir a un home en campaña electoral, tal é o caso de Javier Losada, que parece o presidente do goberno con tantos policías ao seu carón, non baixaron de dez por día en toda a campaña

En fin! Reflexionade ben con…

http://video.google.es/videoplay?docid=-6587998831552111596&q=as+farolas


Losada se escapa…

 Javier Losada, delfín de Paquiño Vázquez, aspirante á alcadía da Coruña polo PSOE, dei a nota en Elviña

Acudiu a da-lo mitin preelectoral no colexio público Ramón de la Sagra rodeado da garda pretoriana (policía local e nacional) saindo pola porta de atrás en medio dunha fenomenal pitada. Os pacíficos manifestantes non podían acercarse a el nin de coña, i el non tivo a deferencia de acercarse a eles para interesarse polos seus problemas. Como corría o cabrón escaleiras arriba! Mágoa que as cámaras da televisión non captaran o momento! Que momento! Losada correndo coma un galgo arroupado por gardespaldas e gardas. De quen tería medo? De min non creo… 

O mitin comenzou ás oito e media da tarde, hora na que xuntáronse dúas manifestacións organizadas por dous colectivos do barrio: Asociación de veciños de Monelos Fuente de las Pajaritas e Asociación en defensa del Mercado de Elviña.

A Asociación de veciños reclamaba: un Local para a Asociación no barrio, que xa tiñan no mercado de Elviña antes da reforma e que Paco Vázquez prometéralles conservar. O devandito local estaba pola parte de atrás do PINCEL lugar da concentración (foto nº1); a realización do parque de Oza, xa que Losada hai dous meses que posou para os fotógrafos diante das paleadoras e nunca máis se soubo de tan ambicioso proieto (ver información sobre Oza e Castrillón nesta mesma páxina); o peche do Jockers na rúa Bugallal Marchesi, por non respetar a lei do silencio nin de día nin de noite; e a total oposición a instalación do IMELGA (ver información nesta web); tamén denunciaban a mala situación do mercado de ELVIÑA.

As vendedoras/as de Elviña viñan uniformadas con candaseus mandils, azuis e brancos, pancartas, pitos e altofalantes.

As pancartas e consignas non tiñan desperdicio Losada e Cebreiro (concellala do barrio) levaron a peor parte. Culpan a Cebreiro de deitarse das asociacións para acadar o cargo de concellala de A Coruña. Primeiro estaba nas APAS, logo na Asociación de veciños e xa se sabe, dende que ten o mando, pasa das necesidades do barrio, non lle perdoan que as sacaran dos seus postos de traballo para vender as mellores prazas ás multinacionais.

 Seguen a denunciar a situación do mercado, non están conformes con que mandaran a praza para arriba de todo, para o trasteiro, como ben din. Dende fóra non se ve o mercado, xa que os escaparates fíxeronos para Adolfo Dominguez, Gadis, Pincel, PCITY, etc. Carecen de ventilación axeitada, o aire acondicionado non funciona, os postos carecen de persianas de peche, a vixilancia é insuficiente e o ascensor non para na pranta baixa, baixa e sube dende o garaxe privado. Que barbaridade! As placeras dan vales para o garaxe de media hora, pero o Gadis de dúas horas! Quen pode coa competencia das multinacionasi? É moi difícil competir co Gadis cos escaparates enormes de peixe e demáis. Adolfo Domínguez roubou un cacho da estrada e xardín para facer o seu monumental comercio, pouco apto para o nivel adquisitivo dos habitantes de Elviña. É lóxico que as pescantinas, carniceiras, queixeiras, verduleiras, charcuteiras, floristas e demáis se sintan enganadas polo socialista Xavier Losada. O PSOE non debe pasar por alto este grave problema, hai que darlle ao César o que é do César. É nas pequenas cousas onde se ven os políticos…

Mitin de Losada 008.jpg Mitin de Losada 011.jpg Mitin de Losada 034.jpg Mitin de Losada 014.jpg Mitin de Losada 024.jpg Mitin de Losada 049.jpg Mitin de Losada 042.jpg Mitin de Losada 036.jpgMitin de Losada 018.jpg Mitin de Losada 020.jpg Mitin de Losada 044.jpg Mitin de Losada 050.jpg Mitin de Losada 021.jpg Mitin de Losada 027.jpg  Aos manifetantes non os deixaron pasar da porta da entrada do colexio dos seus propios fillos, valados de ferro e gardas impedían a entrada. Eso si, dentro do colexio montouse unha mesa de moito coidado con cargo aos contribuintes, claro! Non faltaba de nada…

fOTOS Y TEXTO:FINA ROCA.

Día das letras galegas…

Paso o 17 de Maio, día das Letras Galegas, en Viveiro, escoitando unha orquestra na Fonte Nova, que interpretaba boleiros en castelán, anque tamén interpretou a Negra Sombra en galego. Pareceume pouco apropiado o dos ‘bailables en lingua castelá’. Cabe subliñar que, os nacionalistas con representación municipal, estaban presentes e aplaudían a rabechar. Para min que a ‘orquestina’ tomoulle o pelo ao concello. Diríase que eran do PP preconciliar. A ámbolos dous lados da praza había dos tenderetes de libros, en galego, que pouco ou nada vendían…

Mal anda quen lle dedica un só día a Cultura! Así non vamos a ningures. O galego ten pouco porvir como non volvan a popularizalo…

En vista de que non había moito que celebrar na vila, encamiñei as miñas pegadas ao paseo do río Landro, popularizado polo príncipe do romanticismo, Nicomedes Pastor Díaz. Que maravilla! Senteime na ribeira a ler o libro de Fran Alonso, A vida secreta de María Mariño, Ed.Xerais, da que, confeso, nada sabía ata que a homenaxeron este ano. Na represa, preto do Pozo de Piago, no medio da natureza do val de Landrove, lin o libro dunha tacada, ten unha lectura agradable e fácil. O tempo era bo e a paisaxe extraordinaria ata que a néboa por facer a puñeta apoderouse do solpor.

A Néboa a onde non chega manda recado!

Curiosamente estaba a ler estes versos de María Mariño cando me tiven que erguer e abrigar: Quen eres- preguntareiche- quen eres?/ Son a néboa que anda soia, sen o sol/ que quenta as queixas dos camiños…  (…)  Tiven medo de vogar/tiven medo da auga crara. /Anque fora cunsn bos remos/anque fora na mar calma/ non vogaba!/ Non vogaba… 

Paga a pena ler a obra desta poeta amiga de Uxío Novoneyra. Fina Roca.

 

?

Día mundial do comercio xusto. A Coruña…

 Comercio xusto 002.jpg Comercio xusto 003.jpg Praza de María Pita.

Carpa solidaria apoiando o Comercio Xusto co fin de que milleiros de familias en todo o mundo gocen de mellores condicións de vida. Diante da carpa había unha saba branca na que as persoas slidarias cosían un cacho de tea con frases relativas ao Terceiro Mundo, en especial con Africa, alusivas á fame, SIDA, pobreza extrema…

Na carpa había productos artesanais de varias partes do mundo e degustación de café e repostería, como unhas galletas, riquísimas, feitas por unha xove cooperante, cuxos ingredientes principais eran os anacardos (noces marañón) de Choluteca, Honduras. Anacardos que comercializaban ao natural e doces, en bolsas de 100 gramos, a 2´60 euros, provintes dunha cooperativa de cen labregas hondureñas, exportadas a través das redes do comercio xusto, que ven ser unha alternativa de reducción da pobreza a nivel mundial, baseado en principios éticos.

Comercio Xusto ríxese polos principios de igualdade e respeto entre produtores, tendas, importadores e cosumidores: redución da cadea de intermediarios, pago dun prezo xusto, condicións laborais dignas, non discriminación, non explotación infantil, respecto ao medio ambiente, productos de calidade…

Fotos e texto: Fina Roca

Unha imaxe vale máis que mil palabras…

                                            Juan Neira 009.jpg

Velaquí aparcado un coche do 091 na coruñesa rúa Juan Neira, no paso de peóns, fronte aos novos ministerios, onde queren poñe-lo Imelga, obrigando a unha persoa que se despraza en cadeira de rodas a meterse na estrada ante a indeferenza do garda de turno situado a súa esquerda! Vamos! Que logo multánnos, privándonos de puntos e comas por aparcamento indebido. Haberá que dar exemplo, non si? Dáse a circunstancia que nesta rúa os coches aparcan como lles peta, incluso, nas beirarrúas e diante dos vados, sen que ninguén lles diga nada. Viva a anarquía! Fina Roca.

Día da Ciencia no Parque de Santa Margarita…

A Coruña. Sábado, 5 de maio de 2007

22 carpas de Educación Infantil, Primaria , Secundaria e Universitaria acercaron a Ciencia e as Novas Tecnoloxías a grandes e pequenos. Había que ver aos máis pequerrechos explicando os seus traballos! Moreas de xogos espallados por todo o parque, por faltar non faltaron nin os Cabezudos, nin as carreiras de caracois que gañou Martín Patiño, de oito anos, de avións de papel (Carla Pereira), de cubos de xelo (Carlos Seijas e Santiago Sestar), xadrez e damas xigantes, papiroflexia, etc. Os museos coruñesos sumáronse á festa abrindo as súas portas de balde. Todos os participantes eran de A Coruña e provincia, agás o IFP Porta da Auga de Ribadeo. E todos vestían do mesmo xeito; camiseta amarela con eslogan e topónimo en castelán: XII Día de la Ciencia en la calle. La Coruña. 

Velaquí algúns dos traballos máis interesantes:

URBANO LUGRÍS, A CORUÑA, antigo POLITÉCNICO: Instituto público de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Electricidade, Electrónica e Mantenimento Electromecánica. Un fato de alumnos/as e profesores de FP presentaron varias actividades moi interesantes relacionadas coa Enerxía, Robótica e Pneumática: Aproveitamento da enerxía fotovoltática, Robot controlado por microcontrolador e Sistema Pneumático. Había que ver como funcionaba unha neveira con placas solares! Estudiantes participantes:Andrés Reixa, Dani Sabio, Estefanía Pose, Diego Pérez, Javier Castro, Miguel García, César Javier García, Jorge Pérez.  Profesores: Ángel Dominguez, Francisco Carneiro, Faustino López, Arturo Mesura, Daniel Piñeiro, Antonio Rabina, Esteban Rodríguez.

Ciencia 003.jpg Ciencia 004.jpg Fotos e texto: Fina Roca.

 Ciencia 005.jpg Ciencia 017.jpg IES Urbano Lugrís

 Carpas, xogos infantís, prantas:

Ciencia 011.jpg Ciencia 015.jpgBiotecnoloxía.Física e Química

Ciencia 010.jpg Ciencia 013.jpg Cohetes de auga

Ciencia 012.jpg Ciencia 008.jpg genomas

Bonsais e… que sega a festa nos Centros Educativos.

?

Imelga…

 Veciños de Monelos reuníronse, onte, ante a futura sede do IMELGA coruñés, sito na rúa Juan Neira, na popular travesía de Monelos, para protestar en contra da ubicación da sede forense e das carencias do barrio, convocados pola asociación de veciños Fuente de las Pajaritas, que leva anos reivindicando un local social e un cruce de peóns con semáforos fronte a rúa Juan Neira. 

                                            Juan Neira 001.jpg Rúa Juan Neira.

Membros da Asociación veciñal colocando a pancarta nos baixos de Raminosa, onde vai ir o IMELGA , actualmente, está nos xulgados, que é onde ten que estar. Aínda ben non colocaron a pancarta apareceron a toda pastilla dous coches do 091, atrancando aínda máis a rúa Juan Neira, onde, os desaprensivos, aparcan en doble fila, nas beirarrúas e, incluso, en plena curva e diante dos garaxes malia ter o vado perfectamente señalizado e pagado.

Policía municipal e grúas non aparecen nunca por Juan Neira por pertenecer a ese tipo de rúas, que non ven os turistas. A Coruña que se ve está moi linda, pero a que non sae na foto da noxo! O parque de Oza, na bisbarra de Joaquin Galiacho e Juan Neira, está cheo de merda e as rúas pechadas a cal e canto. 

Os veciños, de momento, non van reivindicar aparcamentos para residentes, como existen nos barrios señoriais, pero van cansos de chamar ao concello para denuncia-la situación da rúa, sin que ninguén lles faga caso, a única vía que lles queda é manifestarse tódolos xoves. Ou sexa, munipas e Concello pasan dos problemas desta emblemática zona e, aínda por riba, queren ubicar aos forense nos baixos das vivendas familiares, nas que os veciños hipotecaron toda unha vida. 

Faltaría máis! Que leven o Imelga para os baixos da casa de Losada, o actual alcalde, ou para o mirador de San Pedro, alí teñen un bo ascensor para os osos dos mortos e delincuentes.

 O 091 apareceu en Juan Neira, tan pronto como colocaron a pancarta nas fiestras do futuro instituto forense, que está porta con porta do Liceo de Artesanos de Monelos.

 Juan Neira 006.jpg  Velaquí como aparcan os munipas nos pasos peatonais, miúda maneira de das exemplo. Dous coches contra cincuenta veciños. É moito…

  Membros da comunidade de propietarios do edificio de Raminosa, presentes na concentración de ontes, manifestaron que nin a Xunta de Galicia, nin o Concello da Coruña, pediron permiso aos copropietarios do edifico para facer o Imelga, como así reina nos seus estatutos.

  Juan Neira 002.jpg Juan Neira 004.jpg 

   Juan Neira 005.jpg Juan Neira 010.jpg Fotos e texto de Fina Roca

   No cartel de obras, onde vai ir o Imelga, está especificado o nome da arquitecta, promotor e licencia, pero non aclaran, como é preceptivo, a que se vai dedicar a obra. Lévanno todo con moito segredo. Cabe subliñar, que non respectan o descanso semanal, xa que os obreiros dos baixos de Raminosa, traballan sábados pola tarde e festivos, saltándose á toreira o convenio regulador da construcción.

  Os veciños, reunidos na rúa de Juan Neira, quedaron emplazados para o próximo xoves diante do centro cívico de Monelos ás oito e media da noite, van distribuír información do cadro reivindicativo das asociacións veciñais e recollida de firmas para protestar polas carencias do barrio, ausencia de paso de peóns diante de Juan Neira, relización do parque de Oza, local social, non o Imelga, etc.  

  O IMELGA, Instituto de medicina legal de Galicia, ten as seguintes funcións entre outras moitas: Antropoloxía forense, analizar tódolos restos óseos que aparecen en Galica, Patoloxía forense, realización de autopsias por morte violenta ou natural -contrátase o servio dunha funeraria que transporta os mortos ata as dotacións do Imelga- e valoración do dano corporal, ben por violencia de xénero, ben por delincuentes comúns, asasinos…

 

?

Día Mundial do Traballo, A Coruña…

Na Coruña  as manifestacións do Primeiro de Maio non deron para moito. As Centrais Sindicais estaban máis divididas cos partidos maioritarios de esquerdas e dereitas. A CIGA (nacionalistas) congregou 500 manifestantes e CC.OO + UGT  a 1000. A chuvia non axudou a congregarse na praza de Vigo (simpatizantes do BNGA), nin na Palloza, simpatizantes e afiliados do PSOE e Esquerda Unida. Claro que, tamén choveu en Vigo, e as Centrais Sindicais conseguiron reunir a + de 10.000 manifestantes. Que pasada! Iso si que é celebra-lo día mundial das clases traballadoras e as súas xustas reivindicacións…

Insisto! Vivimos nun tempo histórico no que tanto as esquerdas como as dereitas so miran para o seu cu, só lles preocupa o nº de votantes, o poder en suma! As centrais sindicais levan o mesmo camiño, xa que mentres UGT se manfestaba por un emprego de calidade, no obelisco, os bombeiros, que levan moitos días durmindo a intemperie reivindicando un salario digno, acusaban á devandita central de traidora i esquirola.

1 de maio 002.jpg

 1 de maio 005.jpg 1 de maio 004.jpg

A manifestación conxunta de CC.OO+UGT rematou diante do goberno civil, estaba atiborrada de globos vermellos, cantouse a Internacional cos puños pechados dentro dos petos e o himno galego ao son das gaitas. Coma sempre, poucos manifestantes sabían as letras do ‘Agrupémonos todos na loita final’ e ‘Que din os rumorosos’, agás o histórico Geluco Guerreiro que estaba entre os presentes e liscou a fume de carazo cando rematou a manifestación. Propoño que, en lugar de tantas bandeiras e globos, repartan entre os manifestantes un calendario coa letra da Internacional e himno galego, paro non quedar mal, claro!

Lema das pancartas coruñesas das fotos: <1º de Maio. Pola igualdade. Emprego de calidade. Non a deslocalización.>

En fin! Xa que falan de igualdade e, o primeiro de maio é a festa do movimento obreiro, día iNTERNACIONAL DOS TRABALLADORES dende o 23 de abril de 1919, día feirado, festivo, haberá que reivindicar, tamén, como día festivo, o 8 de marzo= día da muller traballadora.

Fotos e texto: Fina Roca.