Monelos e Imelga…

A Asociación de Veciños de Monelos Fuente das Pajaritas, cansa das falsas promesas do actual alcalde da Coruña, Losada, delfín de PAQUIÑO VÁZQUEZ, convocou unha manifestación pacífica, xoves 26 de abril, co fin de denunciar, que seguen sen local social e sen Parque de Oza; o único que fixo Losada foi vender terreo público en Elviña para facer un Centro Comercial e remexer a terra de Oza cunha paleadora para saír na foto preelectoral, deixando aos veciños co cu ao aire xa que non poder abrir as fiestras das casas porque enchénse de po e as moscas, asemade, nada se sabe dos 348.000 euros presupuestados para a realización do cacareado parque con xardíns nipóns, ingleses, franceses etc… O parque de Oza xa existe, natural, e só necesita unha boa limpeza. Ver o antes e despois nesta mesma páxina.

Os manifestantes concentráronse diante do centro cívico de Monelos e deron unhas voltas ao redor do barrio e do novo Centro Comercial de Elviña facendo unha parada técnica diante do Gadis, denunciando que, outrora, a asociación tiña a súa sede no mercado de Elviña, pero coa ‘Reforma’ botáronnos fóra para meter a Adolfo Domínguez, Gadis, Movistar, O Pincel e outras xoais da coroa, amén de mandar para a terceira planta aos usuarios e placeros: carniceiros, froiteiros, pescadeiros, amas de casa etc, ou sexa, que o mercado de Elviña quedou para os ricos de sempre…

Texto dunha das pancartas que abrían a manifestación:CONCEJALA, ALCALDE, CON IMELGA Y SIN LOCAL, MONELOS NO SALDRÁ DE VALDE.

       IMELGA = Instituto de Medicina Legal de Galicia. O Imelga coruñés estase a facer a marchas forzadas nos baixos do edificio de Raminosa, entre a travesía de Monelos e a rúa Juan Neira, sen o consentimento dos copropietarios do edificio como é preceptivo na apertura dun local, segundo os estatutos da Comunidade de Propietarios, que non descartan recurrir aos tribunais, xa que non están dispostos a ter os mortos e presos nos baixos das súas casas. Os manifestantes deron berros en contra do Imelga e a favor dun local social para os veciños de Monelos, acusando ao alcalde e a concelleira de barrio de traidores. Un equipo de patoloxía forenses, Imelga, nos baixos dun edificio, sito nun barrio superpoboado non é de recibo, é para botarse a tremer.

Mentres os manifestantes reuníanse diante do Centro Cívico de Monelos os membros da Xunta directiva repartían octavillas e explicaban o que pasou co mercado de Elviña, o club de chave e xardín, que agora ocupa Adolfo Domínguez e outros…

Texto doutra pancarta do movimento veciñal de Monelos: VÁZQUEZ LO PROMETIÓ Y UN AÑO MÁS TARDE LOSADA LO NEGÓ. NECESITAMOS UN LOCAL… ¡¡¡YA!!!

A única forza política que acudiu a manifestación foi Esquerda Unida (IU)…

Texto e fotos: Fina Roca

Día internacional do libro…

No ano 1995, en Paris, a Unesco proclama o día 23 de abril día internacional do Libro, a petición da Unión Internacional de Libreiros, habida conta que un 23 de abril do ano 1616 morreron dous grandes das Letras: Cervantes e Shakespeare. Cabe subliñar que, en España, celébrase o devandito día dende 1926 en honor do autor do El Quijote. Asemade, dende 1974, ese día entrégase El premio Cervantes, en masculino, claro! Xa que, en 33 anos, só dúas mulleres tiveron dereito a tan ilustre galardón: a poeta cubana Dulce María Loyuaz (1903-1997) e a malagueña María Zambrano.  Será por mulleres? Vamos! Xa falaremos mañá de a quen lle deron o premio, o pasado ano foi para Antonio Gamoneda…

Propoño practicar o bookcrosser para participar activamente no día do libro…

A librería Nos de A Coruña terá as portas abertas ata as 12 da noite para contar historias e ler, Cecilia, a libreira, propón regalar libros para a cárcere de mulleres cunha dedicatoria e frases ‘literarias’. Pareceme ben…

Bo día! Que non se diga! Regalemos un libro e unha flor, se pode ser, como en Cataluña. Fina Roca.

Lacón asado con mazás e pasas…

Mercade un lacón fresco de cinco ou seis quilos para 12 persoas, que o carniceiro lle quite o oso da pala sen desfacelo, -reserva-lo oso para facer un caldo limpo-, que lle dea catro cortes profundos pero sen desface-lo lacón, que non corte o oso da pata de todo, hai que procurar que o lacón quede enteiro, que se poida agarrar polo codillo para dárlle-la volta no forno.

Ingredientes:dúas cabezas de allo, unha cucharada de pimentón doce e outra picante, un vaso de aceite de oliva, auga, catro manzás, 150 gramos de pasas, pirixel picado, un pimento roxo e dúas cebolas grandes, das roxas, un quilo de patacas pequeniñas, unha boa presa de sal e unha cervexa…

Nun bol grande mesturade un vaso de auga, unhas areas de sal e dúas cucharadas sopeiras de aceite de oliva. Batir cun tenedor ata que quede como unha salsa branca i engadirlle unha cervexa fría, remexendo a mexunxe…  

Forma de facelo: nun mazarico machaca-los allos coa sal e o pirixel, engadir o aceite e o pimentón, remexer todo e adoba-lo lacón por todas partes, utilizade as mans, como se lle dérades unha boa masaxe, deixadeo en adobo 24 horas como mínimo, dándolle voltas de cando en vez para que se empape por todas partes. Ao día seguinte quenta-lo forno a 220º e, cando estea quente, mete-lo lacón coa pel para abaixo perante quince minutos. Logo baixade a temperatura do forno a 120º, dárlle volta coa pel para arriba e meter as manzás e o pimento morrón… 

Mentres se asa o lacón a lume lento preparade a mexunxe subliñada máis arriba e un caldo co oso da pala e as cebolas roxas sen pelar, -chalotas-, botade as cáscaras secas de varias chalotas para que lle dea color roxo ao caldo. Nunha taza con auga metede as pasas a remollo, unha hora mínimo. Cando o lacón leva asándose media hora, aproximadamente, sacadeo do forno i empapalo coa mexunxe e un cazo de caldo, dárllela volta e metelo de novo no forno sen varia-la temperatura, a 120º. Así ata que se consuma a mexunxe repetindo a acción, regandoo sucesivamente cunha cuchara, que non quede nunca en seco, e que a mexunxe só cubra o fondo da bandexa. Tres ou catro horas, dependendo do forno, son necesarias para que se ase un lacón de seis quilos. Cando estea asado hai que churrasca-la corteza: dez minutos ao grill coa pel para arriba.

Salsa: Pelar e trocear as manzás. Pelar y cortar en tiras o pimento e reservar. Colar o caldo, pelar as cebolas cocidas, que queden todas do mesmo tamaño, cubrir co caldo roxo (engadir colorante se non conseguides o color axeitado), botádelle unhas gotas de vinagre balsámico e deixar enfriar. O resto do caldo mesturalo coas mazás troceadas, as pasas e a salsa resultante da bandexa do forno, dándolle un fervor a todo no momento de servilo.

Presentación: Cortar en filetes finos a mitade do lacón, deixando o codillo enteiro, trocear a corteza churrascada, un cacho por comensal, e adornar os filetes coas tiras do pimento roxo, rodear con patacas cocidas pequeniñas i enteiras. A salsa quente na salseira e as cebolas, troceadas ou enteiras, en frío, o contraste dalle moita graza. Unha ensalada sempre vai ben. Se sobra, gárdase na neveira e córtase coma fiambre cando hai fame. Tamén pódese conxelar. Que aproveite! Fina Roca.?

Semana Santa de Viveiro

Un ano máis os viveirenses demostraron o seu saber facer pola Semana Santa…

 Só houbo dous pontos negativos:

A) Os descomunais cadros colgados polas fermosas fachadas dos edificios máis emblemáticos e os que chantaron no medio e medio da praza de Pastor Díaz. Que horterada! Por favor! Outro galo cantaría se colgaran os cadros nos edificios en ruínas, ou nos máis feos, nos que sustituiron a pedra polo cemento, en Ilda, gráficas Neira, mobles Iglesias, Elite etc, por exemplo! Mira que escarallar a fachada das concepcionistas con semellante mamonada. A praza de Pastor xa estaba escarallada dende a Reforma de César Aja, para cando máis coas xigantescas fotos! Que excesivos! Diríase que aproveitan os decorados da Mostra Folclórica e Festival do Landro para decorar a Semana Santa e mailas navidades. Vamos! Viveiro non necesita máis nada que deixar á vista as galerias mediavais,  monumentos románicos, góticos e barrocos. Non é de recibo que empapelen a vila con litografías xigantescas, malas, moi malas, enmarcadas en escaiola marrón…  

Semana Santa 0011.jpg Xoves Santo, Viveiro 005.jpg Praza Maior e Concepcionistas

B) O coche do crego, Manuel G. L, Lu-2979.M, estivo chantado no atrio de Santa María o Xoves Santo! Que insensible! O vernes cambiouno de sitio, apárcandoo no solar do antigo forno, a poucos metros da grota de Lourdes. Por moitos permisos que teña ese curiña para circular polo casco antigo, non debería abusar do poder ‘celestial’. Iso facíano certos alcaldes nos tempos precedentes… 

Vernes Santo, Viveiro 017.jpg O coche do crego con permiso municipal

Polo demáis a Semana Santa foi un exemplo de traballo e recollimento! Noraboa a tódolas confradías. Emocionante a saída do ECCE-HOMO da capela da Misericordia. Centos de fieles, especialmente chilindríns, -mariñeiros de Celeiro-, acompañaron a imaxe ata a porta de Carlos V onde se xuntou coa procesión da Paixón. Pero ollo! Que esta talla non é procesional e pódese rachar, mellor facer unha réplica para os desfiles, como fixeron en Ferrol co Cristo da Misericordia, e deixala na súa furna. O ECCE-HOMO é coñecido polo Cristo dos mariñeiros e polo Santo Iciombre: a tradición popular confundía o Cristo co Santo, quizais pola dificultade da pronunciación das voces latinas ecce homo= ese home. Venérase o día das Tres Grazas. O Ecce-Homo cruzou por primeira a vez a ponte, para saír en procesión, en 1899, logo volveu saír en outra ocasión en 1987. 2007 marca un fito na historia desta imaxe que quixeron queimar pola súa provocadora postura…

Viveiro, coma Ferrol, ten portadoras femininas, bailan o paso da Virxe da Cruz de forma maxistral. Este ano, en Viveiro, montaron unha carpa na ábside gótica de San Francisco para expor os pasos de Semana Santa:

Semana Santa 004.jpg Foto: Marta Michelena.

Vernes Santo, Viveiro 023.jpg Vernes Santo, Viveiro 025.jpg Vernes Santo, Viveiro 106.jpg Vernes Santo, Viveiro 028.jpg Fotos: Fina Roca

O bo tempo permitiu expor o ECCE-HOME diante da capela do seu nome. Cabe subliñar a postura amanerada de Xesús Cristo, talla do século XVII…

Preparativos previos ao desfile:

Os máis pequenos participan activamente nas tamborradas, desfiles e Banda Municipal de Viveiro que é un luxo ao alcance de poucos. Paga a pena ir a procesión dos Caladiños, só por escoitar a Marcha Fúnebre da Banda Municipal de Viveiro…

   Xoves Santo, Viveiro 013.jpg Xoves Santo, Viveiro 016.jpg Vernes Santo, Viveiro 002.jpg Xoves Santo, Viveiro 020.jpg Xoves Santo, Viveiro 028.jpg Vernes Santo, Viveiro 036.jpg Vernes Santo, Viveiro 037.jpg Vernes Santo, Viveiro 077.jpg

Unha curiosidade que mantivo intrigados aos amantes da prensa do fígado. Dicíase que Terelu Campos ía desfilar de mantilla española coa Confradía dos de Fóra para facerlle a competencia ao seu ex Pipi calzas follas. Pero non! Terelu Campus e o seu noivo viveirés, o Agrelo, só desfilaron polas tascas e vinotecas de Viveiro. Os defiles estiveron a velos dende o balcón de César Pais, o presidente da Aociación Comarcal de Viveiro. Aquí están ben, ninguén os molesta, nin sequera eu físenlle fotos malia telos ao meu carón. Para que? Os protagonistas non eran eles, eran os portadores anónimos/as e tantas outras persoas, que traballan arreo todo o ano para que Viveiro sega a celebrar de maneira maxistral a súa Semana Santa…

Xoves Santo, Viveiro 010.jpg Xoves Santo, Viveiro 032.jpg O xuíz, o alcalde, o pregoeiro e o cronista de Viveiro…

Xoves Santo, Viveiro 027.jpg Semana Santa 003.jpg Franciscanos e tamborrada feminina, emulando aos tambores de Calanda…

Semana Santa 007.jpg Xamóns e desmesurado cartel da Xemana Santa, o peor de todos cantos se publicaron, con super cirios e trapos vermellos tapando un burato…

Viveiro 013.jpg A fermosa fachada da farmacia dos Casariego, recén restaurada, tapada cun dos cuadros subliñados…

Vernes Santo, Viveiro 046.jpg Vernes Santo, Viveiro 050.jpg Vernes Santo, Viveiro 051.jpg Vernes Santo, Viveiro 055.jpg Vernes Santo, Viveiro 049.jpg Vernes Santo, Viveiro 061.jpg

O Desprendemento en Santa María, auto Sacramental,  e o Santo Enterro. Mágoa de que un ano si e outro tamén, a liturxia, sexa en castelán con castrapo, acento e interferencias galegas…

Vernes Santo, Viveiro 085.jpg Vernes Santo, Viveiro 083.jpg Vernes Santo, Viveiro 060.jpg Vernes Santo, Viveiro 069.jpg Vernes Santo, Viveiro 072.jpg Vernes Santo, Viveiro 088.jpg Vernes Santo, Viveiro 093.jpg Vernes Santo, Viveiro 097.jpg Don Amado Aguiar non podía faltar aos oficios…

O bo tempo axudou a celebrar as procesións e, incluso, puidemos gozar da praia…

Da Coruña a Oviedo pasando por Cudillero…

A Rota da Rexenta…

Excursión lúdica cultural recomendada para alumnos/as de 4º de ESO e bacharelato e, naturalmente para viaxeiros con gañas de gozar da paisaxe, arte e novas teconoloxías. Levo anos facendo esta rota co meu alumnado e sempre pasámolo ben, moi ben. Viaxamos ao través da Literatura (A Rexenta de Leopoldo Alas Clarín), da arte prerrománica (Santa María do Naranco e San Miguel de Lillo), da Tecnoloxía (Museo da Mina de El Entrego), da pesca e natureza en estado puro, Cudillero: http://www.cudillero.org.  En honor a La Regenta escomenzamos o percorrido no parque dos Franciscanos onde está o monumento a Clarin (foto nº 1), os pavos reais, que andan ceibes polo parque e bisbarra( foto nº 2) e a fonte dos sapos facendo alusión capítulo final da Rexenta. Seguimos polo Teatro Campoamor, catedral (4), monumento á Rexenta (5) e barrio antigo, coa visita obrigada ao mercado de La Fontan, onde se comercailizan os carballóns e, dende 1918, os famosos doces de avellanas ‘os carajitos do profesor’ Que ricos!

A segunda etapa obrigada é aos monumentos do prerrománico asturiano, declarados pola UNESCo patrimonio da Humanidade en 1985: Santa María del Naranco e San Miguel de Lillo (fotos 6-10) onde se celebran bodas e bautizos por 450 euros.

O museo da mina de El Entrego (foto nº 11), na conca do Nalón, é algo digno de ver, aos estudiantes encántalles baixar ao pozo cos cascos postos e facer de mineiros por unhas horas, baixan a pelo polas galerías e ramplas, e gozan a mazo coas antigas e novas tecnoloxías. Non falla! A visita a mina é o que máis lles gusta de todo o percorrido. Pasan da arte!

Cudillero é una vila de cine, punto de paso da rota costeira do Camiño de Santiago. As paleadoras non fixeron estragos, de momento! Aquí naceu, extendéndose a todo o principado de Asturias, a denominación de pixuetos para os pescadores e caizos para os labregos. Ten un curioso paseo fluvial, peatonal, que remata nunha casacada e que atravesa o monte de lado a lado (fotos 12, 13 e 14)