O parque de Oza e Castrillón…

Cuarta entrega

A piscina do Castrillón….

 

O concello da Coruña segue a atentar contra a paisaxe. A piqueta non perdoa, é demoledora, acaba con todo. Agora tocoulle o turno as hortas do Castrillón, onde as galiñas campan ás súas anchas. A fermosa casa que vedes na foto nº 3 co seu pozo e pio da auga vai ser derrubada o próximo mércores, como derrubaron as outras, testimuña son as sillas que emerxen dentre os escombros, foto nº 5. Para que? Para facer bloques de formigón horrorosos e unha piscina municipal pegada ao cemiterio. Vamos! Que na Coruña sobran piscinas e auga e faltan hortas como as de Oza-Castrillón. Que non as tiren! Mandar e-mails ao concello da Coruña para salva-las hortas. Fina Roca

Nota: ver nesta mesma páxina o antes e despois do parque de Oza.

Paris, Paris…

Nos momentos baixos os arquivos que me manda o amigo Rafa levántanme a moral. Poñede os altafalantes para abrir este. Navegaredes polos Les Lumieres de le ville con Jean Paul Barruyer...

PARIS1.pps

Todos funcionarios…

 

Dende o artigo de Mariano José de Larra, Vuelva usted mañana, os funcionarios, anque sexan bos, nunca tiveron boa prensa. Este vídeo de You Tube (vaya semanita:todos funcionarios) non ten desperdicio, supera a crítica de Larra, coido que foi feito por algún opositor fracasado e que vai adicado a todos cantos pensan mal dos funcionarios, pero que lles gustaría selo…

http://www.youtube.com/

Peches patronais. Lock-out…

 

Estamos nun período histórico no que O PP pasa os días e mailas noites chorando a perda do centralismo trasnoitado, facendo todo tipo de manifestacións e falcatruadas para volver á Moncloa…

Por min que segan a manifestarse, proba de que están na oposición. Ía sendo hora de que fosen as dereitas as que saíran as rúas, agora só lles falta pasar á clandestinidade e correr a mazo diante dos antidisturbios. Daba algo por ver a Ana Botella e Rajoy, agarrados aos bispos, esquivando os porrazos da garda pretoriana, alias chicos con cascos e chalecos azuis antibalas… 

Claro que, nesto de manifestarse, non todos somos iguais ante a Lei do Porrazo. Hai manifestantes de primeira, os da clase VIP, a quen os gardas organízanlles as manifestacións, e manifestantes de segunda, os pringados de sempre. Que llo pregunten aos coruñeses de Atento, filial de teléfonica que está a despedir traballadores, para externalizar os servizos de teléfono, Internet e SMS a países hispanoamericanos, onde os contratos son máis baratos… 

Vamos! Que as Forzas de Seguridade non se atreven coa clase VIP, pero atacan impugnemente a xentiña do común, ás desvalidas traballadoras/es de Atento, que defenden o seu pan, manifestándose pacíficamente diante da empresa, interrompendo o tráfico quince minutos, en Juan Florez, nunha rúa na que sempre hai atascos debido aos supercoches aparcados en doble fila. Ven poden! Cinco dotacións de antidesturbios contra 50 persoas. Por que non lle dan de hostias aos manifestantes da clase VIP, seica non interrompen o tráfico pola Castellana?

Coidadiño! Que cando as dereitas se manifestan en olor de multitude, benditas pola Igrexa, pretenden desestabilizar ao goberno legalmente establecido. Na España da II República, as manifestacións, serviron de escusa para da-lo Golpe de Estado e impoñe-la Ditadura franquista. En 1972 a C.I.A inverteu máis dun millón de dólares en Chile, para desestabilizar o goberno de Allende, fomentando a fuga masiva de capitais e dando lugar a repetidos peches patronais, alias lock-out, favorecendo o golpe militar de Pinochet.

En España hai un intento descarado de lock-out por parte das dereitas delirantes: peche de fábricas e empresas co despido masivo de traballadores sen causa xustificada. Mesmo a multinacional Alcoa ameaza con pechar se lle subimo-la luz. Iso non é chantaxe? Fina Roca 

?