Anotacións do mes Agosto, 2006
As colas do Inserso e do Festival do Landro
Martes, Agosto 1st, 2006A xente maior ten unha paciencia infinita! Fan cola para todo! Empezaron na postguerra coas colas do racionamento, seguiron coa cola da auga (habÃa que ir a fonte xa que non habÃa auga nas casas), logo, na década dos sesenta, empezaron as colas dos ambulatorios: toda unha mañá para ver a un médico (Esta cola aÃnda segue!)…
Cando se populariza o cine, as sesións féminas eran máis baratas e habÃa que gardar dúas horas mÃnimas de cola para conseguir unha entrada. Colas para todo! Nas tendas, supermercados e prazas de abastos! Pero ningunha cola supera ás das viaxes do Inserso e do Festival do Landro de Viveiro…Â
Para conseguir unha plaza do Programa de Turismo Social, ofertada polos gobernos autonómicos i estatais a prezos reducidos en temporada baixa, para poder viaxar polo Mediterráneo, hai que armarse de paciencia do santo Job e porse a cola das axencias contratantes anque chova a cachón. E para conseguir unha invitación de balde para asistir o Festival do Landro hai que gardar un mÃnimo de cinco horas de cola aÃnda que quente o sol…
Pero ós do Inserso dirÃase que non lle importa! Vamos! Que pasan o dÃa facendo cola con cara de satisfación! A meirande parte dos xubilados/as, xentiña do común, asisten as devanditas colas provistos de sillas plegables, barallas, froita e bocatas. Chegan, instalan a cadeira, sacan o bocadillo, ou as cartas, e pasan as horas falando cos veciños de cola como se se coñecesen de toda a vida. Hai que ver ós vellos e vellas gardando cola dende as seis da mañá diante dunha axencia de viaxes para poder ir as Baleares a prezo reducido; ou no Teatro Pastor DÃaz, para conseguir entradas para o Festival do Landro ou Mostra Folclórica, no Banco o dÃa de cobro das pensións…Â
Coido que deberÃan reducir as colas á nada. Fina Roca
Â