O Valedor do Pobo Galego nega que exista discriminación laboral coas mulleres

Xosé Ramón Vázquez Sandes, actual Valedor do Pobo dende o ano 2002, ven de negar a existencia de discriminación contra a muller. Vamos! Este home vai moi vello, ou está chocho…
Imos refrescarlle a memoria! O nº de mulleres asasinadas en España polos seus homes, ex maridos ou compañeiros
sentimentais, de xaneiro a outubro de 2005 foi de 52. Segundo os datos do Observatorio contra a violencia doméstica e de xénero, do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), no primeiro semestre do ano, en España, 20.271 mulleres solicitaron protección, das que os xuíces concederon 15.330, o 76%… Desgraciadamente a loita pola igualdade entre homes e mulleres é un campo duro de roer: a Amnistía Internacional me remito. En España, non só están discriminadas as mulleres analfabetas e con estudios primarios, senón as tituladas superiores. Na ensinanza, malia que hai máis profesoras ca profesores, os presidentes dos Tribunais de Oposicións (cargos designados a dedo e ben remunerados) son case sempre homes. Cantas Rectoras e Decanas hai? Cantas mulleres existen no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia? Cantas Valedoras do Pobo? Ningunha…
Invito ó señor Sande a patear os barrios marxinais das cidades galegas, para observar en directo, como viven as fillas/os do paro e maila droga, en que condicións traballan moitas mulleres empregadas do fogar e da rama do textil para sacar adiante ás súas familias. En Coruña proliferan os baixos, tipo garaxe, sen ningún tipo de seguridade ambiental, onde as traballadoras perden a vista por un salario miserable, sen Seguridade Social, cosendo noite e día roupa de vestir, sabas, cortinas, edredones etc. Non fai falla ir a Portugal para ver coser zapatos de firma a mulleres e nenos…
Non hai denuncias porque a moitas mulleres, xente do común, non lle queda máis remedio que traballar para as subcontratas dos grandes capitostes, de Zara por exemplo, se queren comer quente sen ter que mendigar ou pasar po Caritas…
En canto as tituladas superiores, non nos pode negar o Valedor do Pobo que, algunha que outra queixa de mobbing manifesto nos seus respectivos postos de traballo si que tivo. Pero nin caso lles fixo! Como tampouco llo fixo ós inquilinos e propietarios da casa de Barro de Viveiro que recurriron a el, para que intercedera polas mulleres de moitos anos que se quedaban sen fogar por mor dunha cacicada manifesta, sancionada polos tribunais de xustiza. Fina Roca.

Confederación Laica fronte Confederación Episcopal

Segundo o Consello Escolar do Estado o 50,9% do alumnado de ESO matriculado en centros públicos non elixen RELIXIÓN como materia, pero os bispos sosteñen que superan o 80%. A Confederación Laica de Pais de alumnos (CEAPA) , que é maioritaria nas Escolas e IES públicos, ven de denunciar (El País, sábado 27 de maio) as presións da elite eclesiástica (Papas, bispos e cardenais) para impoñer as clases de Relixión a tódolos alumnos/as, de tal xeito que quen non queira Relixión terá que escoller ‘Alternativa á Relixión’, que é maís do mesmo do actual sistema educativo.

A CEAPA denuncia as inxerencias da Igrexa en asuntos de Estado, pero tamén denuncia os responsables do Ministerio de Educación por reunirse cos bispos (o pasado xoves) a discutir a LOE, antes de facelo co Consello Escolar do Estado. Que Morro! Teñen máis cara cun vagón de monecas, os bispos, seguen a ter un trato privilexiado para todo, non deixan de darmos a vara e queren mandar nas nosas conciencias con promesas inverificables de salvación eterna.

‘A Igrexa é a única institución que cobra do Estado por facer propaganda de se mesma’. Se queren profesores de relixión que abran as plazas a todos/as, que pasen o filtro das oposicións como o resto do persoal docente, que se poñan á cola dos interinos, do baremo… 

      

O Papa Pepiño Ratzinguer…

Con motivo do V encontro mundial das familias católicas, apostólicas e romanas, o actual Papa, Ratzinguer, estivo de vacacións en Valencia arroupado polos reis das Hispanias, presidentes estatais e autonómicos, alcaldesas, membros do Opus Dei, políticos de dereitas e esquerdas e, naturalmente, polo súper embaixador Paquito Vázquez de la Coruña con tropezentas medallas colgadas do pescozo e unha torre de Hércules dedicada. Faltaba en primeira liña papal, o papanatas Federico Jiménez de los Santos rezando de xeonllos o rosario da Aurora cos brazos extendidos cara á COPE en actitude orante…

 O xefe de Cidade Vaticano, o Estado máis clasista e pequerrechiño do mundo, onde só poden votar os varóns con rango, debería viaxar en kayuko para predicar en nome de Deus, non en avións privados e súper coches de gama alta, amén de papa móbil blindado, rodeado de policías armados, a conta dos contribuíntes. Se Cristo levantara a cabeza, a Pepiño Razinguer habíao de azoutar na Basílica de San Pedro por estar rodeado de boato, facendo ostentación de luxo, vivindo en pazos arzobispais e deixándose seducir pola jet set, ese stablisment dirixente, tipo Aznar+Bush, que tanto lle gusta ó Papa, ó presidente da Conferencia Episcopal e bispo de Mondoñedo, desprezando a pobreza dos que non naceron cunha man diante e outra detrás…

O Papa, para dar exemplo, como mínimo, debería trasladarse de Roma Valencia remando na lancha de pedra de San Andrés de Teixido…

Que cabrón!Puxo cara de satisfacción, cando os gilipollas de turno insultaron a Zapataro na súa presencia. Claro que, a Zapatero estalle ben, por non plantarlle cara á Curia Catedralicia, e por seguir coa Relixión como materia de oferta obrigada na ESO! Como se non soubesemos que a Igrexa é a única Institución española que cobra do Estado por facer propaganda de se mesma

Nada direi do pasado hitleriano deste Papa que vai de modelo de virtudes ultraderechistas. Vamos! O tal Benedictus é inimigo a ultranza do laicismo, da libertade persoal, da liberación feminina, da diversidade sexual e da Teoría da Liberación. Faltaría máis! Non sabe o que se perde! Que desperdicio de home! Non ten sentido facer ostentación de riqueza ó tempo que condena o amor entre persoas do mesmo sexo, negándose admitir os beneficios do uso dos preservativos…

Cos cartos que se gastaron en Valencia para recibir a un Papa inimigo da tolerancia e da democracia había dabondo para salvar a milleiros de meniños africanos dotando as súas aldeas de menciñas e alimentos…

Habemus Papa! Pero nós non o votamos, nin poderíamos votalo anque nacéramos en Cidade Vatico…

O delfín de sir Paquiño Vázquez, LOSADA, inaugura a Praza de Elviña atrincherado con barreiras e policías

Losada, actual alcalde de A Coruña, no acto inagural do mercado de Elviña (25-O5-06), parecía un faraón…
Que abafante!
Dende as seis da tarde a zona estaba acordoada con barreiras metálicas, policías nacionais e locais, que impedían a libre circulación polas beirarrúas, estradas e pasos de peóns regulados por semáforos. A indiganación era manifesta entre os veciños da zona, xentiña do común de moitos anos, que tiña que da-la volta para entrar nas súas vivendas, ou para ve-los touros trala barreira, pois non era cousa de enfrontarse ós morroscos da Policía Nacional, para ver de cerca á comitiva municipal, adláteres e resto de preclaros invitados a tan egrexio evento.
Un fato de vendedores, disidentes e pacifistas, reivindicaban ó dereito a te-la praza na planta baixa do mercado, cantando consignas en contra de Losada, Barcón e resto de mandamáis de turno…
Para acceder á Praza de Abastos e beber un viño na supercarpa inaugural, que pagamos todos/as, había que ter rigurosa invitación do concello…
O alcalde/delfín rodeado de cámaras de TV e xornalistas, puxo a caldo ós vendedores disidentes, que é o colmo do cinismo universal…
Que soberbia!
Losada debería facer un curso de pronunciación…
Mi madriña! Que mal fala este tío en castelán! Non hai deus que o entenda! Que fonética tan estúpida e que sintaxis tan desastrosa. Os seus discursos demagóxicos soan peor cós de Sir Paquiño Vázquez, o embaixador do Estado máis pequerrechiño do mundo, Cidade Vaticano, no que só teñen dereito a voto os varóns con rango: bispos e cardenais…
Cabe subliñar que, os disidentes do mercado con sus mandís e pancartas, denunciaban a marbellización do concello coruñés…
Vamos!
Non é de recibo trasformar unha praza de abastos nun centro comercial á maneira do Corte Inglés, no que por faltar non falta nin Adolfo Domínguez, nin o PC-City…
Ó día seguinte (26-05-06), Losada, na súa habitual cita con Radio Voz, dixo que <>.
Mira ti! Que pico de ouro…
Xa sabedes! Quen non estea de acordo co seu horario ou posto de traballo, que renuncie, para contentar ós xefes e alcaldes de turno…
Non é de recibo que un alcalde socialista utilice os coches oficiais, prensa e forzas de seguridade para inaugurar un mercado de barrio, atacando impugnemente a 20 vendedores pacifistas, a meirande parte mulleres, que estaban a defender o seu pan…
Fina Roca.

Os sindicatos de ensino se felicitan a se mesmos no día das Letras Galegas

No día das Letras Galegas (17 de maio de 2006) as Centrais Sindicais CIG, CC.OO.,UGT, CSI-CSI, ANPE e STEG anunciaron a bombo e pratiño un aumento salarial, felicitándose a se mesmas, polo acordo subscrito coa Consellería de Educación para mellorar as retribucións do pesoal docente. A subida salarial consiste en 150 euros ó mes repartidos en tres anos, é dicir, no ano 2007 o profesorado de moitos anos, vai cobrar 45 euros máis, brutos claro! Que cos descontos quédanse en 18 euros; no 2008 a subida será de 50 euros e no 2009 de 55, que cos descontos correspondentes equivaldrán, supoño, ó prezo dunha mada de grelos…
Que gran subida salarial!
O Corpo Doente, perdón docente, está que trina…
A subida é un descarado encubrimento para potenciar as melloras salariais dos equipos directivos nomeados a dedo, dos que os firmantes son parte e vez, amén das xefaturas dos Departamentos de Orientación, fronte ó resto de Departamentos de maior carga horaria, que están a administra-la miseria.
No Ensino Privado, subvencionado, os docentes maiores de 55 anos, teñen dereito á reducción horaria, na Pública non! Mal andan os Sindicatos cando se manifestan por separado o 1º de Maio, xuntándose só para saír na foto ‘docente’, despistando á sociedade coa precaria subida do profesorado de Infantil, Primaria e Sencundaria…
Falando das Letras Galegas! Non é casualidade, que La Voz de Galicia, anuncie tamén a ‘bombo y platillo’, como os Sindicatos, que os ‘galegos’ (126 lectores de unha enquisa a imitación da que se fixo en castelán o día do Libro, 23 de abril) elixiran a pabra ‘bolboreta’ como a máis fermosa da nosa lingua. Veña xa! Puro mercado! A Voz vende (por 3,95 euros) o film ‘A lingua das Bolboretas’ de José Luís Cuerda, basada nun conto de Manolo Rivas, que está a piques de sacar do prelo unha novela longa…
Mal anda que lle dedica un só día a súa propia lingua. Pero, Ollo! Que o Corte Inglés quere que non sexa festivo, para vender máis e mellor, tal como afirmaron onte na táboa redonda do Ámbito Cultural co gallo do 17 de maio… Fina Roca.

Concurso de Méritos para prazas de asesores

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: Orde do 24 de abril de 2006 (DOGA, 3 de maio de 2006) polo que se convoca concurso de méritos específico entre “funcionarios” de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios para cubriren prazas de “asesores” nesta consellería…

Ollo ó dato! Abonda ler o devandito DOGA (Anexo I. pax 7O24) para ver como anda iso da “igualdade” no Diario Oficial de Galicia. Moita paridade no goberno, para excluír as ‘profesoras, mestras e funcionarias’ dos requerimentos necesarios para ASESORAR.